See also ebooksgratis.com: no banners, no cookies, totally FREE.

CLASSICISTRANIERI HOME PAGE - YOUTUBE CHANNEL
Privacy Policy Cookie Policy Terms and Conditions
Charles de Montesquieu - Wikipedia

Charles de Montesquieu

Na Galipedia, a wikipedia en galego.

Charles de Montesquieu
Charles de Montesquieu

O aristocrata Charles-Louis de Secondat, señor de La Bredé e Barón de Montesquieu, naceu en 18 de xaneiro de 1689 perto de Bordeos, Francia, e faleceu o 10 de febreiro de 1755. Político, filósofo e escritor francés, fillo dunha familia nobre, debe a súa fama teoría da separación dos poderes, actualmente consagrada en moitas das modernas constitucións nacionais.

Tivo formación ilustrada cos padres oratorianos, de xeito que se mostrou axiña como un crítico severo e irónico da monarquía absolutista decaente, ben como do clero.


Índice

[editar] Obras

Montesquieu escribiu varias obras, gañou notoridade e exerceu notable influencia. Contribuiu tamén para a Enciclopedia e foi unha das maiores figuras da Ilustración.

[editar] Cartas Persas

En 1721, publicou Cartas Persas, obra da súa xuventude, un relato imaxinario, baixo forma epistolar, sobre a visita de dous persas, Rica e Usbeck, a París. Eles escriben para os seus amigos na Persia todo o que vén aló. Por medio desta narrativa, critica os costumes, as institucións políticas e os abusos da Igrexa e do Estado na Francia da época.

[editar] O espírito das leis

Montesquieu elaborou unha teoría política, que aparece na súa obra máis famosa O Espírito das Leis (1748), inspirada en Locke e no estudo das institucións políticas inglesas, é unha obra voluminosa, dividida en 6 partes, cada cal en varios libros, composta de moitos capítulos. Nela discute sobre das institucións e das leis, e busca compreender as diversas lexislacións existentes en diferentes lugares e épocas. A pertinencia das observacións e a preocupación co método permiten atopar en seu traballo elementos que prenuncian unha análise sociolóxica. Eis algunhas das principais ideas de Montesquieu:

As leis escritas ou non, que gobernan os pobos, non son fruto do capricho ou do arbitrio de quen lexisla. Ao contrario, decorren da realidade social e da historia concreta propria ao pobo considerado. Non existen leis xustas ou inxustas. O que existe son leis máis ou menos adecuadas a un determinado pobo e a unha determinada circunstancia de época ou lugar. O autor procura establecer a relación das leis coas sociedades, ou aínda, co espírito desas.

O que Montequieu describe como espírito xeral dunha sociedade aparece como resultante de causas físicas (o clima), causas morais (costumes, relixión...) e as máximas dun goberno (ARON, R.). Modernamente, sería o que chamamos dunha identidade nacional que se constitue conforme os factores citados acima.

As máximas anteriormente descritas dicen respeito aos, segundo o proprio autor, tipos e conceptos que darían conta daquilo que as causas non abranxe. Serian o principio e a natureza dun goberno.

  • Natureza: aquilo que fai un goberno ser o que é, determinado pola cantidade daqueles que detén a soberania;
  • Principio: o que pón ese goberno en movemento, o principio motor en linguaxe filosófica, constituído polas paixóns e necesidades dos homes.

Montesquieu distingue tres formas de goberno: República, monarquía e despotismo. Os tipos de gobernos e as súas máximas:

  • República - soberanía nas máns de moitos (de todos = democracia - dalguns = aristocracia) - principio é a virtude;
  • Monarquía - soberanía nas máns dun só segundo leis positivas - principio é a honra;
  • Despotismo - soberania nas máns dun só segundo o arbítrio deste - principio é o medo;

A pesar de beber na fonte dos clásicos (notadamente Aristóteles) o seu esquema de gobernos é diverso do daqueles: Montesquieu, ao considerar democracia e aristocracia un mesmo tipo e falar do despotismo como un tipo en si e non a corrupción doutro (da monarquía no caso), mostrase máis preocupado coa forma con que será exercido o poder: se será segundo leis ou non.

Para Montesquieu, a forma republicana de goberno só sería viable en rexións pequenas, como as cidades gregas da antigüidade e as cidades italianas da Idade Media. Para os grandes Estados, só sería posible o despotismo (absolutismo) e as monarquias. El simpatizaba coa monarquía constitucional (liberal) á moda inglesa, e foi apartir dunha viaxe á Inglaterra que elaborou a súa teoría da separazón dos 3 poderes.

Ao procurar descobrir as relacións que as leis ten coa natureza e o principio de cada goberno, Montesquieu desenvolve unha alentada teoría de goberno que alimenta as ideas fecundas do contitucionalismo, polo cal se busca distribuir a autoridadepor meios legais, de modo a evitar o arbítrio e a violencia. Tais ideas se encamiñan para a mellor definición da separazón dos poderes, aínda hoxe unha das pedras angulares do exercicio do poder democrático. Montesquieu admiraba a constituición inglesa, mesmo sen compreendéla completamente, e describiu cuidadosamente a separazón dos poderes en Executivo, Xudiciario e Lexislativo, traballo que influenciou os elaboradores da constituición dos Estados Unidos. O Executivo sería exercido por un rei, con dereito de veto sobre as decisións do parlamento. O poder xudicial non era único, porque os nobres non poderian se xulgados por tribunais populares, mais só por tribunais de nobres; portanto Montesquieu non defende a igualade de todos perante a lei. O poder lexislativo, convocado polo executivo, debería ser separado en dúas casas: o corpo dos comuns, composto polos representantes do pobo, e o corpo dos nobres, formado por nobres, hereditario e coa faculdade de impedir (vetar) as decisións do corpo dos comuns. Esas dúas casas terian asembleas e deliberacións separadas, así como intereses e opinións independentes. Refletindo sobre o abuso do poder real, Montesquieu conclui que "só o poder frea o poder", daí a necesidade de cada poder manterse autonomo e constituído por persoas e grupos diferentes.

É ben verdade que a proposta da división dos poderes aínda non se atopa en Montesquieu coa forza que costumouse posteriormente a atribuirlle. En outras pasaxes da súa obra, el non defende unha separazón tán ríxida, pois o que el pretendia de feito era realzar a relación de forzas e a necesidade de equilíbrio e harmonia entre os tres poderes.

Montesquieu non era un revolucionario. A súa opción social aínda era pola súa clase de orixe, a nobreza. El soñaba apenas coa limitación do poder absoluto dos reis, pois era un conservador, que quería a restaurazón das monarquías medievais e o poder do Estado nas máns da nobreza. As conviccións de Montesquieu refletense á súa clase e portanto o aproximan dos ideais dunha aristocracia liberal. Ou sexa, el critica toda forma de despotismo, mais non aprecia a idea do pobo asumir o poder. A súa crítica, no entanto, serviu para desencadear a Revolución Francesa e instaurar a república burguesa.



[editar] Das leis en súas relacións cos diversos seres

A lei como natural dos seres, proprio deles. A lei deriva da natureza das cousas e non do arbitrio dun, cal sexa a crítica ao sistema hobbesiano.

[editar] Das leis da natureza

  1. a paz;
  2. impulso pola procura de alimentos;
  3. relación entre os sexos;
  4. desexo de vivir en sociedade;

No estado de natureza hai paz, segundo Montesquieu, pois neste estado os homes temense e o medo impede que se ataquen no que cada un se sente inferior con relación ao outro. Será somente coa constituición da sociedade cando os homes perderán ese medo e se enfrentarán.


Wikiquote logo
A Galicitas posúe citas sobre:
Personalidades en progreso: Este artigo relacionado coa historia é, polo de agora, só un esbozo. Traballa nel e contribúe a que a Galipedia mellore e medre. Existen outros artigos con biografías que tamén cómpre ampliar.


aa - ab - af - ak - als - am - an - ang - ar - arc - as - ast - av - ay - az - ba - bar - bat_smg - bcl - be - be_x_old - bg - bh - bi - bm - bn - bo - bpy - br - bs - bug - bxr - ca - cbk_zam - cdo - ce - ceb - ch - cho - chr - chy - co - cr - crh - cs - csb - cu - cv - cy - da - de - diq - dsb - dv - dz - ee - el - eml - en - eo - es - et - eu - ext - fa - ff - fi - fiu_vro - fj - fo - fr - frp - fur - fy - ga - gan - gd - gl - glk - gn - got - gu - gv - ha - hak - haw - he - hi - hif - ho - hr - hsb - ht - hu - hy - hz - ia - id - ie - ig - ii - ik - ilo - io - is - it - iu - ja - jbo - jv - ka - kaa - kab - kg - ki - kj - kk - kl - km - kn - ko - kr - ks - ksh - ku - kv - kw - ky - la - lad - lb - lbe - lg - li - lij - lmo - ln - lo - lt - lv - map_bms - mdf - mg - mh - mi - mk - ml - mn - mo - mr - mt - mus - my - myv - mzn - na - nah - nap - nds - nds_nl - ne - new - ng - nl - nn - no - nov - nrm - nv - ny - oc - om - or - os - pa - pag - pam - pap - pdc - pi - pih - pl - pms - ps - pt - qu - quality - rm - rmy - rn - ro - roa_rup - roa_tara - ru - rw - sa - sah - sc - scn - sco - sd - se - sg - sh - si - simple - sk - sl - sm - sn - so - sr - srn - ss - st - stq - su - sv - sw - szl - ta - te - tet - tg - th - ti - tk - tl - tlh - tn - to - tpi - tr - ts - tt - tum - tw - ty - udm - ug - uk - ur - uz - ve - vec - vi - vls - vo - wa - war - wo - wuu - xal - xh - yi - yo - za - zea - zh - zh_classical - zh_min_nan - zh_yue - zu -