Augsburgo - Augsburg
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Augsburgo(en alemán Augsburg, latín Augusta Vindelicorum) é unha cidade no sur do estado alemán da Baviera, Alemaña situada na confluencia dos ríos Wertach e Lech e capital e sede de administración da Suabia. Ten 276.193 habitantes (2004) dese modo é a terceira maior cidade da Baviera, despois de Múnic e Nuremberg.
Augsburgo é unha cidade independente (Kreisfreie Städte) ou distrito urbano (Stadtkreis), ou sexa, posúe estatuto de distrito (kreis).
A cidade foi fundada en 15 a.C. no reinado do emperador romano Augusto, como colonia co nome de Augusta Vindelicorum. Foi tomada polos hunos o século V, por Carlos Magno o século VIII, e por Welf de Baviera o século XI. No ano 1276 converteuse en Cidade Libre do Sacro Imperio Romano-Xermánico e foi a base dende a que operaba a familia de banqueiros Fugger. Carlos V xuntou nela varias dietas, a máis famosa delas, a Dieta de 1530 na que os protestantes presentaron a Confesión de Augsburgo. Medrou sempre en importancia e prosperidade, excepto durante a Guerra dos Trinta Anos e durante a Segunda Guerra Mundial. Foi tamén o berce dun dos primeiros xornais impresos, o "Relation oder Zeitung", en 1609 o mesmo ano, foi creado o xornal "Ordinarii Avisa" en Estrasburgo.
En 1686 a cidade foi a sede da Liga de Augsburgo, coalición de boa parte dos estados de Europa contra Luís XIV de Francia.
En 1805, Augsburgo perdeu a súa independencia, pasando a formar parte do reino de Baviera.
Na Segunda Guerra Mundial a cidade foi moi danada polos bombardeos dos norteamericanos.
Foi escenario das probas de canoa dos Xogos Olímpicos de 1972.
[editar] Ligazóns externas