See also ebooksgratis.com: no banners, no cookies, totally FREE.

CLASSICISTRANIERI HOME PAGE - YOUTUBE CHANNEL
Privacy Policy Cookie Policy Terms and Conditions
Xosé Ramón Reboiras Noia - Wikipedia

Xosé Ramón Reboiras Noia

Na Galipedia, a wikipedia en galego.

Xosé Ramón Reboiras Noia, máis coñecido como Moncho Reboiras, nado en Imo (Dodro) o 19 de xaneiro de 1950 e asasinado en Ferrol o 11 de agosto de 1975, foi un militante nacionalista galego, membro da UPG.

Índice

[editar] Mocidade

Naceu na aldea de Imo, no concello de Dodro, nunha familia que tivo que mudarse para a cidade á procura de mellores condicións de vida.

En Vigo, máis concretamente en Teis, e mentres o seu pai traballaba, Moncho sacaba o seu bacharelato e atendía ós clientes no Bar Noia que a súa familia conseguiu estabelecer cos seus aforros, alén dun breve período de traballo na construción cando tiña 15 anos. Pouco a pouco vai tomando unha conciencia política nacionalista en reacción ó franquismo e sinte a opresión nacional de Galiza: baixo nivel no agro, superexplotación, conflito lingüístico...

Matricúlase máis tarde na Escola Técnica de Enxeñaría Industrial de Vigo, onde se forma con boas notas. Moncho, que contaba con grandes simpatías no ambiente estudantil pola súa seriedade profesional e compañerismo, desempeña un papel moi activo nas reivindicacións dos estudantes naqueles anos, así como na defensa da cultura e dos intereses do pobo galego. Foi un dos fundadores da revista Des...tornillo que desempeñou un grande papel de concienciación nacional; formando parte do grupo cultural “O Castro” que aborda – dentro das limitacións daquel tempo - o problema nacional galego; e, no ano 1969, ingresa como militante na UPG.

[editar] Militancia política

Rematada a carreira, a Escola concédelle unha bolsa para facer un traballo de especialización en Estaleiros Barreras, convivindo así cos traballadores, e onde coñecerá precariedade laboral, con base na súa experiencia persoal. Aproveita para estudar a fondo os mecanismos empregados pola clase patronal, e a forma de combater a prol dos dereitos dos traballadores. Por esta altura, en 1972, ten lugar a "Folga de Setembro" e Moncho terá nela un papel importante como organizador e combatente.

Perdida a bolsa de estudos por esta razón, dedícase á loita política. Traballa en “Álvarez” de Vigo, tendo que deixalo por razóns de saúde. Múdase entón para Ferrol onde traballa en Astano e, posteriormente, na Coruña, entrando como obreiro no complexo fabril de Intelsa. Moncho procede por este tempo, en nome da UPG, á organización da Fronte Cultural Galega. É en grande parte o responsábel do que a Fronte Cultural foi naquela altura e do importantísimo papel que este desempeñou no panorama cultural de Galiza. Por primeira vez, existía unha coordinación efectiva entre a maioría das Asociacións Culturais de Galiza ca Fronte Cultural como órgano de comunicación social.

Por esta altura, nos anos de 1973 e 1974 é un dos organizadores dos grupos sindicais. Fai axitación polo boicot ás eleccións do sindicato vertical en 1974, campaña que serviu tamén para o lanzamento das siglas SOG (Sindicato Obreiro Galego) que, coa UTEG (Unión de Traballadores do Ensino de Galicia) xa constituída, conformarían en pouco tempo a Intersindical galega que é un antecesor lonxano da actual Confederación Intersindical Galega (CIG). Sería tamén a alma do grupo da Coruña que arredor do órgano de comunicación social Xerme desempeña un papel fundamental en dirección a un sindicalismo especificamente galego. O Xerme, de calidade xornalística recoñecida, creará un novo estilo no ámbito da prensa obreira en Galiza.

Moncho é tamén, como membro do Comité Central e do Comité Executivo da UPG, un dos artífices do que a UPG comeza a ser dende 1972: unha organización proletaria que, tendo como ideoloxía o marxismo-leninismo, foi un dos motores do movemento nacionalista galego.

[editar] A loita armada

Participou, dentro da liña política definida pola UPG, nun grupo dedicado a dotar o partido de infraestruturas loxísticas, que incluía unha fronte armada que loitase contra a ditadura, un comando composto por un reducido número de persoas do cal se fixo cargo Reboiras o 23 de febreiro de 1974, o escaso armamento do que dispuña procedía do grupo portugués LUAR e adestraban no sur da provincia de Pontevedra, a primeira acción foi un atraco a un banco en Escairón, identificado pola Garda Civil permanece oculto por un tempo. Atopándose en Ferrol, onde se estaba a organizar a UPG, a Brigada Político Social (BPS) estabelece na noite do 11 de agosto de 1975 un control na zona de Canido. Ás 2 da mañá numerosos efectivos da BPS, acompañados de máis de 300 axentes da Policía Armada acordoaron o edificio onde se atopaba con 2 militantes máis, que grazas á intervención de Reboiras –o único que estaba armado- lograron fuxir. Reboiras logra zafar da policía durante máis de dúas horas, pero esta dálle alcance no portal do número 27 da rúa da Terra (onde se lle fai todos os anos unha homenaxe), disparándolle varios tiros, un deles na caluga, segundo información médica. A partir dese momento desátase un amplo operativo en toda Galiza coa detención de varios militantes nacionalistas e o exilio a Portugal (xa trunfara a Revolución dos caraveis en abril de 1974) dun gran número de membros da UPG.

[editar] Ligazóns externas

Outras linguas


aa - ab - af - ak - als - am - an - ang - ar - arc - as - ast - av - ay - az - ba - bar - bat_smg - bcl - be - be_x_old - bg - bh - bi - bm - bn - bo - bpy - br - bs - bug - bxr - ca - cbk_zam - cdo - ce - ceb - ch - cho - chr - chy - co - cr - crh - cs - csb - cu - cv - cy - da - de - diq - dsb - dv - dz - ee - el - eml - en - eo - es - et - eu - ext - fa - ff - fi - fiu_vro - fj - fo - fr - frp - fur - fy - ga - gan - gd - gl - glk - gn - got - gu - gv - ha - hak - haw - he - hi - hif - ho - hr - hsb - ht - hu - hy - hz - ia - id - ie - ig - ii - ik - ilo - io - is - it - iu - ja - jbo - jv - ka - kaa - kab - kg - ki - kj - kk - kl - km - kn - ko - kr - ks - ksh - ku - kv - kw - ky - la - lad - lb - lbe - lg - li - lij - lmo - ln - lo - lt - lv - map_bms - mdf - mg - mh - mi - mk - ml - mn - mo - mr - mt - mus - my - myv - mzn - na - nah - nap - nds - nds_nl - ne - new - ng - nl - nn - no - nov - nrm - nv - ny - oc - om - or - os - pa - pag - pam - pap - pdc - pi - pih - pl - pms - ps - pt - qu - quality - rm - rmy - rn - ro - roa_rup - roa_tara - ru - rw - sa - sah - sc - scn - sco - sd - se - sg - sh - si - simple - sk - sl - sm - sn - so - sr - srn - ss - st - stq - su - sv - sw - szl - ta - te - tet - tg - th - ti - tk - tl - tlh - tn - to - tpi - tr - ts - tt - tum - tw - ty - udm - ug - uk - ur - uz - ve - vec - vi - vls - vo - wa - war - wo - wuu - xal - xh - yi - yo - za - zea - zh - zh_classical - zh_min_nan - zh_yue - zu -