See also ebooksgratis.com: no banners, no cookies, totally FREE.

CLASSICISTRANIERI HOME PAGE - YOUTUBE CHANNEL
Privacy Policy Cookie Policy Terms and Conditions
Xoán Abeleira - Wikipedia

Xoán Abeleira

Na Galipedia, a wikipedia en galego.

Atención!!! Atención: Este artigo precisa un traballo de revisión.

Por favor vexa a lista de Artigos con problemas e mellóreo de acordo coas indicacións que aparecen nesa páxina. Cando os problemas se resolvan retire esta mensaxe e borre a páxina da lista de artigos con problemas, pero por favor non quite esta mensaxe ata que estea todo solucionado.


Xoán Abeleira (Maracay, Venezuela, 1963) é un escritor e xornalista galego.

[editar] Biografía

Fillo de emigrantes galegos, en 1973 a súa familia volta a España, intalándose en Madrid, onde Abeleira inicia a súa andaina como poeta, narrador, tradutor, músico, xornalista e crítico literario.

En Madrid publica os seus primeiros poemarios Umbral del Centinela/La piel iluminada (Olifante, 1997), volume dobre nomeado ós premios Ícaro de Literatura do Diario 16, Identidades (Hiperión, 1998) e Nueve motivos para un obsequio (Mandala, 2001, unha obra realizada xunto coa pintora brasileira de sumi−e Lourdes Parente).

En Madrid estréase tamén coma autor de literatura para nenos, coa serie Las aventuras de Nunavut, pola que recibe excelentes críticas nos principais xornais nacionais, é invitado a falar en distintos colexios e institutos, e é elixido “autor do mes” pola prestixiosa revista CLIJ.

Estuda teatro con José Carlos Praza e William Layton, dirixe unha montaxe baseada en dúas pezas curtas de Tennessee Williams (Querencia, estreada no Teatro del Mercado de Zaragoza), crea un grupo musical (La República, con disco homónimo), traballa coma xornalista (Cuadernos Hispanoamericanos, El Urogallo, Diario 16, El Público) e coma guionista (na TVE).

En 1999 trasládase á Coruña, onde reside na actualidade. Esa volta definitiva ó lugar da diáspora impúlsao a tomar a decisión, ética e estética, de recuperar a lingua dos seus pais, e, a partir de entón, escribe exclusivamente en galego.

Na Galiza publicou xa Magnalia (un “libro de artista” creado coa poeta Olga Novo e a pintora e poeta Alexandra Domínguez), Animais Animais, unha nova versión da serie As aventuras de Nunavut −que, aínda que iniciada en castelán, pensa completar en galego−, e un ensaio lírico e fotográfico verbo da obra e da figura de Manfred Gnädinger, “o alemán de Camelle”, titulado A pegada de Man.

O seu labor como tradutor −altamente recoñecida tanto en Galiza e España coma en Latinoamérica− abarca xa máis dunha trintena de nomes, entre os que salientan os de Rimbaud, Apollinaire, Breton, Desnos, Char, Artaud, Michaux, Rabearivelo, Esteban, Bonnefoy, Shelley, London, Berger, Hughes ou Plath.

Na actualidade colabora como columnista e crítico literario no xornal La Opinión da Coruña, El Heraldo de Aragón e El País.


aa - ab - af - ak - als - am - an - ang - ar - arc - as - ast - av - ay - az - ba - bar - bat_smg - bcl - be - be_x_old - bg - bh - bi - bm - bn - bo - bpy - br - bs - bug - bxr - ca - cbk_zam - cdo - ce - ceb - ch - cho - chr - chy - co - cr - crh - cs - csb - cu - cv - cy - da - de - diq - dsb - dv - dz - ee - el - eml - en - eo - es - et - eu - ext - fa - ff - fi - fiu_vro - fj - fo - fr - frp - fur - fy - ga - gan - gd - gl - glk - gn - got - gu - gv - ha - hak - haw - he - hi - hif - ho - hr - hsb - ht - hu - hy - hz - ia - id - ie - ig - ii - ik - ilo - io - is - it - iu - ja - jbo - jv - ka - kaa - kab - kg - ki - kj - kk - kl - km - kn - ko - kr - ks - ksh - ku - kv - kw - ky - la - lad - lb - lbe - lg - li - lij - lmo - ln - lo - lt - lv - map_bms - mdf - mg - mh - mi - mk - ml - mn - mo - mr - mt - mus - my - myv - mzn - na - nah - nap - nds - nds_nl - ne - new - ng - nl - nn - no - nov - nrm - nv - ny - oc - om - or - os - pa - pag - pam - pap - pdc - pi - pih - pl - pms - ps - pt - qu - quality - rm - rmy - rn - ro - roa_rup - roa_tara - ru - rw - sa - sah - sc - scn - sco - sd - se - sg - sh - si - simple - sk - sl - sm - sn - so - sr - srn - ss - st - stq - su - sv - sw - szl - ta - te - tet - tg - th - ti - tk - tl - tlh - tn - to - tpi - tr - ts - tt - tum - tw - ty - udm - ug - uk - ur - uz - ve - vec - vi - vls - vo - wa - war - wo - wuu - xal - xh - yi - yo - za - zea - zh - zh_classical - zh_min_nan - zh_yue - zu -