Manfred Gnädinger
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Manfred Gnädinger coñecido como Man (Dresde, 1940 - Camelle, 28 de decembro de 2002) foi un escultor e ermitaño de nacionalidade alemá que viviu durante corenta anos na praia de Camelle, onde creou unha peculiar paisaxe de pedra. Levaba unha vida simple vivindo da súa horta.
Índice |
[editar] O escultor
En tanto como escultor pódese clasificar nas artes contemporáneas do Land art, e a arte marxinal.
[editar] A posteridade
Man chegou á costa galega en 1961. Viviu até á súa morte da axuda dos veciños e do que lle aportaba mostrar a súa arte nas rochas nas que habitaba (un euro por persoa no último ano máis a obriga de deseñar nun caderno o que máis chamase a atención). A súa morte, natural, vinculouse no imaxinario popular coa indignación provocada pola catástrofe do petroleiro Prestige e a marea negra que provocou.
Pódese ver en Camariñas o Museo do Alemán.
[editar] Véxase tamén
[editar] Bibliografía
- Xoán Abeleira (2006), A pegada de Man, Vigo: Edicións Xerais de Galicia. ISBN 84-9782-464-4.
- Cequera Bernardo: Manfred, o alemán de Camelle. Documental 60 minutos 2008