Xerome de Estridón
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Xeróme de Estridón (Estridón 340 - † 30 de setembro de 420), San Xerome para os cristiáns (en latín, Eusebius Sophronius Hieronymus).
San Xerome cuxo nome significa "o que ten un nome sagrado", consagrou toda a súa vida ao estudo das Sagradas Escrituras e é considerado un dos mellores neste oficio. Traduciu a Biblia do grego e o hebreo ao latín e é considerado Pai da Igrexa, un dos catro grandes Pais Latinos.
Índice |
[editar] Vida
Naceu en Estridón (oppidum, xa destruído polos godos en 392, situado na fronteira de Dalmacia e Pannonia) no ano 342.
[editar] En Roma
En Roma estudou latín baixo a direción do máis famoso profesor do seu tempo, Donato, quen era pagano. O santo chegou a ser un gran latinista e moi bo coñecedor do grego e doutros idiomas, pero moi pouco coñecedor dos libros espirituais e relixiosos. Pasaba horas e días lendo e aprendendo de memoria aos grandes autores latinos, Cicerón, Virxilio, Horacio e Tácito, e aos autores gregos: Homero, e Platón, pero case nunca dedicaba tempo á lectura espiritual.
Xerome dispuxo irse ao deserto a facer penitencia polos seus pecados (especialmente pola súa sensualidade que era moi forte, polo seu terrible mal xenio e o seu grande orgullo). Pero alá aínda que rezaba moito, axunaba, e pasaba noites sen durmir, non conseguiu a paz, descubrindo que a súa misión non era vivir na soidade.
De regreso á cidade, os bispos de Italia xunto co Papa nomearon como Secretario a San Ambrosio, pero este caeu enfermó, e decidiron nomear a San Xerome, cargo que desempeñou con moita eficiencia e sabedoría. Vendo os seus extraordinarios dotes e coñecementos, o Papa San Dámaso nomeouno como o seu secretario, encargado de redactar as cartas que o Pontífice enviaba, e logo designouno para facer a tradución da Biblia.
Ao redor dos 40 anos, Jerónimo foi ordenado sacerdote. Pero os seus altos cargos en Roma e a dureza coa cal corrixía certos defectos da alta clase social trouxéronlle envexas e inimigos, e, sentíndose incomprendido e ata calumniado en Roma, onde non aceptaban o seu modo enérxico de corrección, dispuxo afastarse de alí para sempre e foise a Terra Santa.
[editar] Vida en Belén
Os seus últimos 35 anos pasounos nunha gruta, xunto á Cova de Belén. Varias das ricas matronas romanas que el convertera coas súas predicaciones e consellos, venderon os seus bens e fóronse tamén a Belén a seguir baixo a súa dirección espiritual. Co diñeiro desas señoras construíu naquela cidade un convento para homes e tres para mulleres, e unha casa para atender aos que chegaban de todas partes do mundo a visitar o sitio onde naceu Jesús.
Con tremenda enerxía escribía contra as diferentes herexías. Morreu o 30 de setembro do ano 420, aos 80 anos.
[editar] A Vulgata
As traducións da Biblia que existían nese tempo (chamadas actualmente "Vetus Latina") tiñan moitas imperfeccións de linguaxe e varias imprecisiones ou traducións non moi exactas. Xerome, que escribía con grande elegancia o latín, traduciu a este idioma toda a Biblia, e esa tradución chamada "Vulgata" (ou tradución feita para o pobo ou vulgo) foi a Biblia oficial para a Igrexa Católica durante 15 séculos.
A tradución ao latín da Biblia feita por San Xerome, chamada a Vulgata pola súa popularidade, foi ata a promulgación da Neovulgata no ano 1979, o texto bíblico oficial da Igrexa católica romana.
Foi un soado estudioso do latín nunha época na que iso implicaba dominar o grego. Sabía algo de hebreo cando comezou o seu proxecto de tradución, pero mudouse a Belén para perfeccionar os seus coñecementos do idioma. Comezou a tradución no ano 382 corrixindo a versión latina existente do Novo Testamento. Aproximadamente no ano 390 pasou a traballar no Antigo Testamento en hebreo. Completou a súa obra no ano 405.
A Igrexa Católica recoñeceu sempre a San Xerome como un home elixido por Deus para explicar e facer entender mellor a Biblia, polo que foi nomeado Patrono de todos os que no mundo dedícanse a facer entender a Biblia.