See also ebooksgratis.com: no banners, no cookies, totally FREE.

CLASSICISTRANIERI HOME PAGE - YOUTUBE CHANNEL
Privacy Policy Cookie Policy Terms and Conditions
Xeografía da Grecia Antiga - Wikipedia

Xeografía da Grecia Antiga

Na Galipedia, a wikipedia en galego.


Image:Merge-arrows.gif Este artigo debe ser combinado conXeografía da Grecia antiga
Mapa da Grecia Clásica

O territorio da antiga Grecia distribúese entre unha serie de penínsulas e unha grande diversidade de illas cun litoral recortado e o interior moi montañoso que dificultan as comunicacións.

Índice

[editar] O norte

O Épiro. a Iliria e a Macedonia son as rexións máis ao norte, as menos helinizadas, que os gregos do sul consideraban semibárbaras. Na fronteira de Tesalia e Pieria álzase o monte Olimpo, con 2918 mts, máxima altura da Grecia e no seu cumio tiñan os deuses a súa morada. Entre Tesalia e o Epiro atópase o macizo do Pindo, e marca a divisoria entre as bacías exea e xónica.

[editar] Grecia central

Fronte ás costas da Grecia Central atópanse as illas de Léucade, Ítaca, Cefalonia, Zacinto e outras mais cativas. Aquí sitúase o monte Parnaso, de case 2.500 m. A rexión da Ática, onde se atopa Atenas, é moi variada, xa que é ao mesmo tempo continental e marítima, montañosa e chá. Esa variedade traduciuse na Antigüidade nunha riqueza de recursos que pulou a expansión dos atenienses. Nas súas terras chás (Maratón, Eleusis, Val de Cefiso) medraban o trigo, a vide e o oliveira (a famosa triloxía mediterránea) e as súas montañas pechaban reservas minerais como no monte Pentélico con mármore o no Laurio con chumbo arxentífero. Os portos naturais achegaban o comercio exterior. En xeral, a fachada exea é fría no inverno pero cálida no verán.

[editar] Península do Peloponeso

A península do Peloponeso, que presenta unha fragmentación moito máis acusada que o resto, está xunguida á Ática polo estreito de Corinto, de só 6 Km de anchura, entre as profundas escotaduras dos golfos de Corinto e Sarónico; é moi montañosa, de terra pobre, con só unhas poucas franxas fértiles na súa periferia, nas rexións de Acaia, Élida, Mesenia, Laconia e Argólida.

[editar] Grecia insular

A Grecia insular poderíase dividir nas illas de maior extensión, situadas a norte e sul do Mar Exeo, e tamén frente ás costas da Grecia continental e da Anatolia e os grupos de illas menores, distribuídas nos arquipélagos das Cícladas e as Espóradas, que forman un arco entre aquelas e a illa de Rodas. As máis principais das illas gregas no Mar Exeo, e de norte a sul, son: Tasos, Samotracia, Imbros, Lemnos, Lesbos, Ikos, Esciros e Quíos. A máis extensa é a de Eubea, xunto das costas da Beocia e da Ática. Fronte da Ática atópanse as illas de Salamina e Exina. Do arquipélago das Cícladas forman parte, entre as principais, Andros, Tenos, Keos, Paros, Naxos, Melos, Íos , Amorgos, Astipalea e Tera. As Espóradas están formadas por Samos, Icaria, Calimna e Cos. Deben considerarse aparte as illas de maior tamaño, Creta, Rodas e Chipre. Entre o Peloponeso e Creta está Citerea e entre Creta e Rodas están as illas de Cárpatos e Kasos.

[editar] A "periferia grega"

A "periferia grega" componse dunha serie de rexións na bacía do mar Exeo que estiveron plenamente helenizadas e que viñan a ser coma enclaves en territorios bárbaros. Así, nas costas setentrionais habería diversas cidades gregas, cun territorio máis ou menos extenso, na Propóntide (Mar de Mármara) e nas costas da Frixia e da Tracia. Nesta última estaba moi helenizada a península Cálcidica. Nas costas de Asia Menor, fronte á illa de Lesbos deica a Illa de Rodas, poderían considerarse na Antigüidade tan gregas como os territorios a outro lado do Exeo. Eses territorios estaban nucleados arredor das cidades como Pérgamo, Elea, Esmirna, Clazomenas, Éfeso, Mileto ou Cnido e os seus arredores non diferían moito da Grecia continental, con costas recortadas e clima mediterráneo húmido, aínda que neles desembocarían ríos de certa importancia que viñan da Anatolia como son o Escamandro e o Meandro.

O territorio grego a vista de satélite.
O territorio grego a vista de satélite.


aa - ab - af - ak - als - am - an - ang - ar - arc - as - ast - av - ay - az - ba - bar - bat_smg - bcl - be - be_x_old - bg - bh - bi - bm - bn - bo - bpy - br - bs - bug - bxr - ca - cbk_zam - cdo - ce - ceb - ch - cho - chr - chy - co - cr - crh - cs - csb - cu - cv - cy - da - de - diq - dsb - dv - dz - ee - el - eml - en - eo - es - et - eu - ext - fa - ff - fi - fiu_vro - fj - fo - fr - frp - fur - fy - ga - gan - gd - gl - glk - gn - got - gu - gv - ha - hak - haw - he - hi - hif - ho - hr - hsb - ht - hu - hy - hz - ia - id - ie - ig - ii - ik - ilo - io - is - it - iu - ja - jbo - jv - ka - kaa - kab - kg - ki - kj - kk - kl - km - kn - ko - kr - ks - ksh - ku - kv - kw - ky - la - lad - lb - lbe - lg - li - lij - lmo - ln - lo - lt - lv - map_bms - mdf - mg - mh - mi - mk - ml - mn - mo - mr - mt - mus - my - myv - mzn - na - nah - nap - nds - nds_nl - ne - new - ng - nl - nn - no - nov - nrm - nv - ny - oc - om - or - os - pa - pag - pam - pap - pdc - pi - pih - pl - pms - ps - pt - qu - quality - rm - rmy - rn - ro - roa_rup - roa_tara - ru - rw - sa - sah - sc - scn - sco - sd - se - sg - sh - si - simple - sk - sl - sm - sn - so - sr - srn - ss - st - stq - su - sv - sw - szl - ta - te - tet - tg - th - ti - tk - tl - tlh - tn - to - tpi - tr - ts - tt - tum - tw - ty - udm - ug - uk - ur - uz - ve - vec - vi - vls - vo - wa - war - wo - wuu - xal - xh - yi - yo - za - zea - zh - zh_classical - zh_min_nan - zh_yue - zu -