See also ebooksgratis.com: no banners, no cookies, totally FREE.

CLASSICISTRANIERI HOME PAGE - YOUTUBE CHANNEL
Privacy Policy Cookie Policy Terms and Conditions
Astipalea - Wikipedia

Astipalea

Na Galipedia, a wikipedia en galego.

Astipalea

Αστυπάλαια

Estatísticas
Periferia Dodecaneso
Capital de provincia Astipalea
Superficie 97 km²
Poboación 1.238 (2001)
Densidade de pobl. 10,3 habitantes/km²
Código postal
Prefixo telefónico (00)30
Web oficial http://www.astypalaia.gr/
Astipalea
Astipalea

Astipalea grego: Αστυπάλαια; italiano: Stampalia; turco: Istanbulya)), é unha illa do mar Exeo, tamén chamada Astropalea e coñecida polo seu nome medieval de Estampalia. Ten uns 1.300 habitantes, 18 km de longo, 13 km de ancho e unha superficie de 95 km². É unha das doce illas principais do grupo do Dodecaneso. A cidade principal é Astipalea na párte oeste da baía do sur. Ten un pequeno aeroporto. A cidade ten moitas igrexas e capelas e consérvanse as ruínas de antigos templos, así como columnas e outros restos.

Astipalea ten conexións por ferri co Pireo e outras illas do Dodecaneso e conexións aéreas con Atenas.

A illa está formada por dúas masas de roca unidas no centro por un istmo. Antigamente foi posesión de Caria e chamábase Pirra, e máis tarde Pilea.

Na mitoloxía grega, Astipalea foi unha muller seducida por Poseidón na forma dun leopardo mariño alado con cola.

Foi unha colonia de Megara e Ovidio menciónaa como unha das illas suxeitas a Minos (Creta). No 105 adC asinou unha alianza coas illas seguramente por mor dos seus bos portos e a súa posición central. Durante o Imperio Romano foi unha cidade libre. Os romanos utilizaron a illa como base estratéxica contre os piratas.

No 1207 foi cedida a Venecia polo emperador latino e dada en feudo á familia Querini. A rama que gobernou a illa foron coñecidos como os Querini-Estampalia. No 1522 os otománs ocuparon Rodas e uns anos despois (1537) foi ocupada a illa de Astipalea. Desde o 1646 ao 1668, durante a guerra de Creta ou Candia, a illa volveu baixo influencia veneciana, pero ao final permaneceu en mans dos otománs. Baixo os turcos gozou de gran autonomía baixo dependencia do Pacha de Rodas, e pagando un pequeno tributo anual de 9.500 piastras.

Desde 1821 a 1828 uniuse aos insurxentes durante a guerra de independencia de Grecia.

En 1912 foi cedida a Italia e formou o territorio do Dodecaneso. En 1947, logo da segunda guerra mundial, foi transferida a Grecia xunto co resto das illas do grupo.


aa - ab - af - ak - als - am - an - ang - ar - arc - as - ast - av - ay - az - ba - bar - bat_smg - bcl - be - be_x_old - bg - bh - bi - bm - bn - bo - bpy - br - bs - bug - bxr - ca - cbk_zam - cdo - ce - ceb - ch - cho - chr - chy - co - cr - crh - cs - csb - cu - cv - cy - da - de - diq - dsb - dv - dz - ee - el - eml - en - eo - es - et - eu - ext - fa - ff - fi - fiu_vro - fj - fo - fr - frp - fur - fy - ga - gan - gd - gl - glk - gn - got - gu - gv - ha - hak - haw - he - hi - hif - ho - hr - hsb - ht - hu - hy - hz - ia - id - ie - ig - ii - ik - ilo - io - is - it - iu - ja - jbo - jv - ka - kaa - kab - kg - ki - kj - kk - kl - km - kn - ko - kr - ks - ksh - ku - kv - kw - ky - la - lad - lb - lbe - lg - li - lij - lmo - ln - lo - lt - lv - map_bms - mdf - mg - mh - mi - mk - ml - mn - mo - mr - mt - mus - my - myv - mzn - na - nah - nap - nds - nds_nl - ne - new - ng - nl - nn - no - nov - nrm - nv - ny - oc - om - or - os - pa - pag - pam - pap - pdc - pi - pih - pl - pms - ps - pt - qu - quality - rm - rmy - rn - ro - roa_rup - roa_tara - ru - rw - sa - sah - sc - scn - sco - sd - se - sg - sh - si - simple - sk - sl - sm - sn - so - sr - srn - ss - st - stq - su - sv - sw - szl - ta - te - tet - tg - th - ti - tk - tl - tlh - tn - to - tpi - tr - ts - tt - tum - tw - ty - udm - ug - uk - ur - uz - ve - vec - vi - vls - vo - wa - war - wo - wuu - xal - xh - yi - yo - za - zea - zh - zh_classical - zh_min_nan - zh_yue - zu -