See also ebooksgratis.com: no banners, no cookies, totally FREE.

CLASSICISTRANIERI HOME PAGE - YOUTUBE CHANNEL
Privacy Policy Cookie Policy Terms and Conditions
Wáter-polo - Wikipedia

Wáter-polo

Na Galipedia, a wikipedia en galego.

Partido de wáter-polo Grecia vs Hungría
Partido de wáter-polo Grecia vs Hungría

O wáter-polo, tamén chamado vaterpolo ou polo acuático, é un deporte que se practica nunha piscina onde se enfrontan dous equipos. O obxectivo do xogo é marcar o maior número de goles na portería do equipo contrario.

O campo de xogo e un rectángulo de 30 por 20 metros e as porterías son de 90 cm de alto e 3 metros de longo.

Os equipos contan con seis xogadores máis un porteiro. Diferénzanse pola cor do gorro de natación, que pode ser azul ou branca, exceptuando a dos porteiros que sempre son vermellas.

Índice

[editar] Historia

O precursor do wáter-polo podémolo atopar na Roma Antiga[1], sendo un deporte moi popular entre os lexionarios e persoeiros destacados do imperio. Este xogo era practicado nas piscinas das termas e fíxose moi popular en todo o territorio do Imperio Romano.

Houbo que agardar ata o ano 1869 para ver aos membros do clube británico de natación de Bournemouth practicar un deporte cuxas regras se asemellan moito ás do wáter-polo moderno. As primeiras normas foron ditadas no 1870 polo clube de natación londinense, e o primeiro partido entre clubes disputouse en 1874 na mesma cidade. Así, o Reino Unido, e máis concretamente Londres convertíase no berce deste deporte. O primeiro partido internacional de polo acuático disputouse en 1888 e enfrontou ás seleccións de Ingleterra e Escocia. O primeiro campionato de wáter-polo, tamén disputado en Inglaterra, fíxose no ano 1890


Unha versión americana do xogo desenvolveuse a partir de 1897, sendo un xogo máis violento que o seu homólogo británico. Así, os americanos practicaban o softball. Internacionalmente, tódolos países, incluído os de América, acolléronse ás regras británicas dende 1914

O wáter-polo é un deporte olímpico dende o ano 1900 e en 1911 pasa a ser regulado pola FINA. O primeiro campionato do mundo celebrouse en 1913. Os británicos dominaron o palmarés ata os vinte. Francia, Bélxica, Suecia, Hungría e Alemaña rivalizaron dende enrón a selección anglosaxoa. Trala Segunda Guerra Mundial, países coma Serbia, Italia, Rusia ou España viñeron acadando a élite mundial.

O deporte evolucionou baixo o impulso dos hungareses, onde o wáter-polo fíxose extremadamente popular. Dende 1928, o adestrador Bela Komjadi cambiou e innovou en numerosas tácticas e estratexias, así como invenou o pase sueco, un dos tipos de pase máis empregados na actualidade pola súa rapidez de pase.

Le jeu évolue, notamment sous l'impulsion des Hongrois, où le jeu est extrêmement populaire. Dès 1928, l'entraîneur Bela Komjadi change les données techniques et tactiques en inventant la passe sèche, c’est-à-dire effectuée de sorte que le joueur en réception puisse attraper le ballon avant qu'il ne touche l'eau.


[editar] Wáter-polistas históricos

  • Tibor Benedek
  • Gyorgy Brody
  • Deszo Gyarmati
  • Oliver Halassy
  • Marton Hommonai
  • Tivadar Kanisza
  • Tamas Kasas
  • Gyogy Karparti
  • Istvan Szivos
  • Gildo Arena
  • Francesco Attolico
  • Alessandro Bovo
  • Paolo Caldarella
  • Mario Majoni
  • Eraldo Pizzo
  • Amadeo Pomilio
  • Carlo Silipo
  • Daniel Ballart
  • Manuel Estiarte
  • Sergi Pedrerol
  • Gunst Fritz
  • Erich Rademacher
  • Andrei Belofastov
  • Tonislav Paskavlin
  • Igor Milanovic
  • Dusan Popovic
  • Ratko Rudic
  • Mirko Sandic
  • Paul Radmilovic
  • Charles Smith
  • Georges Wilkinson
  • Dimitri Apanasenko
  • Victor Boin
  • Henri Padou
  • Andrés Aguilar
  • Oussama Bouhadida

[editar] Regras

O waterpolo é un deporte olímpico
O waterpolo é un deporte olímpico

No cometido de introdici-lo balón na portería contraria somentes se pode conducir éste cunha man ou con calquera outra parte do corpo (sexa pés, cabeza...) pero nunca se pode asir o balón coas duás mans, e tampouco está permitido golpear o balón co puño pechado. Todas estas regras non afectan ao gardameta, que pode facer ámbalas dúas accións anteriores.

[editar] O equipo

Un equipo completo é formado por 13 xogadores, dos cales 6 permanecen no banco e 7 na piscina de xogo. Un suplente pode entrar no campo cando a seu equipo ten a posesión do balón e debe facelo sempre a través da zona de expulsión. Se o xogo está parado, poderá entrar por calquer lado da piscina. O gardameta sempre porta o gorro co dorsal número 1, normalmente de cor vermella. Os demais xogadores levan nímeros do 2 ao 13, sendo brancos se xogan como locais ou azuis se o fan coma visitantes.


[editar] Desenvolvemento do partido

Un partido divídese en catro tempos de 8 minutos de xogo efectivo (cando a pelota está en xogo). Estes periodos entre tempo e tempo son separados por cinco minutos de transición ou descanso, agás entre o seundo e o terceiro, que pasa a ser cinco minutos. Ademais, cada equipo ten o dereito de pedir tres tempos mortos cando este se atopa en posesión do balón, é dicir, cando este está en disposición de atacar.


[editar] Regra dos 30 segundos

Cada equipo conta con 30 segundos de xogo efectivo para efectuar o seu ataque. No caso de que ao finalizaren eses trinta segundos o mesmo equipo continúe coa posesión, o balón pasará a estar en posesión do euipo contrario. Esta regra é a mesma empregada noutros deportes coma o baloncesto. No caso de que nun ataque o equipo efectúe un lanzamentou ou o balón vaia a corner, o tempo de 30 segundos reiniciarase.


[editar] Área de xogo

Campo de wáter-polo, coas súas delimitacións
Campo de wáter-polo, coas súas delimitacións

O tamaño do campo é de 30 metros por 20 metros para os partidos masculinos e de 20 metros por 25 metros para os partidos de wáter-polo femenionos. Ademais existen outras delimitacións a ter en conta:

  • Unha liña vermella, chamada 2 metros. Nesa zona nin o atacante nin o defensor pode penetrar nesa zona de dous metros, a non ser que o atacante ou o defensor estea en posesión do balón. Se o atacante imcumple esta norma o balón estará en posesión do equipo contrario, mais se é o defensor quen incumple a regra, o seu equipo será casticado con penalti.
  • Unha liña amarela, chamada 5 metros. Esa é a zona dende onde se lanzan os penaltis.
  • Unha liña branca. É o medio do campo. O balón é lanzado ahí ao comezo do partido, e cando un equipo marca gol, o outro debe sacar dende esa liña.


[editar] Faltas

Existen faltas simples e expulsións temporais. As segundas duran o tempo que o equipo contrario tarde en atacar. Despois volve á piscina e pode continuar xogando. Cando un xogador recibe tres expulsións temporais recibe unha tarxeta vermella e ten que abandonar o campo polo que queda de partido. Tamén, como en outros deportes de equipo, existen faltas de máximo castigo coñecidas como 7 metros, ou penalti. Non está permitido facer pé na pileta ou agarrarse nos bordos, polo que o convirte nun deporte moi duro.Tampouco está permitido afundir o balón.

O partido regúlano dous árbitros, un en cada extremo da piscina.



[editar] Tácticas e posicións

[editar] Posicións

Partido de waterpolo en Xaén, España
Partido de waterpolo en Xaén, España

As posicións na terreo de xogo no waterpolo son:

  • Un porteiro: A súa función é a de calquer porteiro en calquer deporte, a de evitar na maior medida posible que lle marquen tantos. Tamén ten a función de organizar a defensa e de dirixir os contrataques.
  • Un stopper ou central: É o director do xogo en ataque xa que é o encargado, xunto cos laterais de subir o balón. En ataque a súa función e similar as dos laterais, lanzar dende o exterior e mover o balon.
  • Dous laterais: Xogan exteriormente e ás veces fan función de stopper.
  • Dous extremos: Son os encargados das bandas, teñen un recorrido na piscina loonguísimo e soen ser os que máis nadan sobre todo nos contrataques. Ás veces intercambian o seu posto cos laterais.
  • Un boia: O xogador máis próximo á portería rival. É un dous xogadores máis ofensivos e soen ter que lidiar contra moitos defensores.

[editar] Tácticas

Os xogadores de wáter-polo teñen dúas tácticas básicas, ataque e defensa. Existen múltiples combinacións en cada unha delas. Neste xogo o máis importante e saber levar a cabo as superioridades ou inferioridades numéricas, por exemplo cando expulsan a un xogador

[editar] Ataque

Tradicionalmente os xogadores sitúanse en arco ao redor da portería contraria a unha distancia aproximada de sete metros. O boia (tamén chamado central, pivote o avant-piquet) sitúase no centro do ataque e a unha distancia de uns dous ou tres metros da portería contraria.

Esta configuración pode variar en función das necesidades tácticas, así como pode haber un intercambio de posicións entre os xogadores durante o ataque. Cando un defensor é expulsado e o equipo atacante dispón dun xogador máis, a disposición cambia. Existen varias xogadas para aproveitar esa superioridade, sendo as máis extendidas o "4-2" eo "3-3", onde o segundo díxito indica o número de xogadores que se sitúan na línea de dous metros, e o primeiro o número de xogadores que se sitúan nunha línea algo máis lonxana, a uns cinco ou seis metros


[editar] Defensa

As posicións da defensa son as mesmas que as dos atacantes, existindo multitude de posibilidades tácticas, como defensa individual, zona presionante, zonas por algunha posición onde o rival sexa máis débil, defensa dobre do boia ou zona "m". A defensa en inferioridade numérica soe adaptarse ao ataque que decida o equipo contrario, sendo o habitual ou ben defensas basadas no bloqueo de brazos, onde a idea é impedir que o atacante vexa con claridade a portería, ou ben defensas rápidas tratando de dificultar a circulación do balón.


[editar] Tipos de pase

Pasar o balón dun compañeiro ao outro até chegar á portería contraría é a esencia de case que tódolos xogos de balón con portería. No deporte do wáter-polo hai varias formas de pasar o balón.

  • Pase de fronte

Xogador na posición básica, co balón controlado, xírase cara o lugar onde quere dirixir o tiro, o brazo lanzador trala testa e efectúa o lanzamento mediante a progresiva extensión do brazo, antebrazo e man.

  • Pase de revés

Serve para pasar o balón a un obxectivo que se atope tras do lanzador, tendo que coller balón pola parte de arriba, igual ca o pase sueco, o balón lánzase coa extensión do brazo cara atrás.


  • Pase sueco

Cóllese o balón pola súa parte superior ou inferior e efectúase una pronación da man para que o lombo quede cara o xogador que recibirá o pase, lánzase mediante a extensión do brazo.

  • Pase por palmeo

A diferenza do resto dos pases, neste só acompaña ao balón na dirección desexada. Non o para nin o recibe, só cun lixeiro contacto axuda a dirixirlo cara outro xogador ou cara á portería.

  • Pase rectificado

Acción de transmitir o balón cara a un compañero, en acción dinámica de nado ofensivo, mediante finta estática e torsión do tronco coun salto lateral cara ó lado contrario da súa man destra. A man de agarre do balón diríxese hacia o ombro contrario, que xunto ao salto lateral e torsión realizados, están en disposición de proxectar o balón ao seu destino que, xeralmente, é o xogador en posición de ataque de boia.


[editar] Competiciós internacionais ao nivel de nacións

[editar] Xogos olímpicos

Medallas olímpicas, categoría masculina wáter-polo

Ano Ouro Prata Bronce
1900 París Reino Unido Bélxica Francia
1908 Londres Reino Unido Bélxica Suecia
1912 Estocolmo Reino Unido Suecia Bélxica
1920 Amberes Reino Unido Bélxica Suecia
1924 París Francia Bélxica Estados Unidos
1928 Amsterdam Alemaña Hungría Francia
1932 Los Ángeles Hungría Alemaña Estados Unidos
1936 Berlín Hungría Alemaña Bélxica
1948 Londres Italia Hungría Países Baixos
1952 Helsinki Hungría Iugoslavia Italia
1956 Melbourne Hungría Iugoslavia URSS
1960 Roma Italia URSS Hungría
1964 Tokio Hungría Iugoslavia URSS
1968 México D.F. Iugoslavia URSS Hungría
1972 Múnich URSS Hungría Estados Unidos
1976 Montreal Hungría Italia Países Baixos
1980 Moscova URSS Iugoslavia Hungría
1984 Los Ángeles Iugoslavia Estados Unidos Alemaña
1988 Seul Iugoslavia Estados Unidos URSS
1992 Barcelona Italia España Equipo Unificado
1996 Atlanta España Croacia Italia
2000 Sydney Hungría Rusia Serbia
2004 Atenas Hungría Serbia Rusia
2008 Pekín
2012 Londres


[editar] Liga Mundial de Nacións

Véxase o artigo principal: Liga Mundial de Wáter-polo

[editar] Competicións nacionais ao nivel de clubes

[editar] Liga Española de Wáter-polo

Véxase artigo principal: Liga Española de Wáter-polo

En España existe unha División de Honra, na que están integradosequipos coma o Club Natació Barcelona ou o Real Canoe N.C. e tódolos demais clubes compoñentes da Asociación Española de Clubes de Waterpolo. Existe ademais unha categoría B, a Primeira División.

Unha das maiores figuras do vaterpolo español e internacional, que conta con numerosos éxitos, como a medalla de prata nos Xogos Olímpicos de Barcelona e de ouro nos Xogos Olímpicos de Atlanta, foi Manuel Estiarte.


[editar] Liga Galega de Wáter-polo

Véxase o artigo principal: Liga Galega de Wáter-polo

Galiza conta actualmente cunha federación (FEGAN) e unha liga profesional formada por oito equipos divididos en dous grupos, dos que posteriormente se disputa uns play-offs polo título.

Os equipos absolutos galegos son:

Balón de waterpolo
Balón de waterpolo

A parte das liga absoluta existen a liga Xuvenil (na que participan o CN Coruña, C Marina de Ferrol, CN Pontevedra, CW Santiago e o CW Redondela) e unha liga Infantil (na que participan os mesmos equipos ca na liga Xuvenil exceptuando o CW Redondela).

Actualmente á Liga Galega asosiouse un equipo asturiano, o CN Avilés, e participa na competición. Ademais, fundouse en Oviedo o CW Oviedo.

[editar] Referencias

  1. A enciclopedia dos deportes, Poznan 2003, edición francesa, Grund, 2005, px.551

[editar] Outras competicións

[editar] Ligazóns externas


aa - ab - af - ak - als - am - an - ang - ar - arc - as - ast - av - ay - az - ba - bar - bat_smg - bcl - be - be_x_old - bg - bh - bi - bm - bn - bo - bpy - br - bs - bug - bxr - ca - cbk_zam - cdo - ce - ceb - ch - cho - chr - chy - co - cr - crh - cs - csb - cu - cv - cy - da - de - diq - dsb - dv - dz - ee - el - eml - en - eo - es - et - eu - ext - fa - ff - fi - fiu_vro - fj - fo - fr - frp - fur - fy - ga - gan - gd - gl - glk - gn - got - gu - gv - ha - hak - haw - he - hi - hif - ho - hr - hsb - ht - hu - hy - hz - ia - id - ie - ig - ii - ik - ilo - io - is - it - iu - ja - jbo - jv - ka - kaa - kab - kg - ki - kj - kk - kl - km - kn - ko - kr - ks - ksh - ku - kv - kw - ky - la - lad - lb - lbe - lg - li - lij - lmo - ln - lo - lt - lv - map_bms - mdf - mg - mh - mi - mk - ml - mn - mo - mr - mt - mus - my - myv - mzn - na - nah - nap - nds - nds_nl - ne - new - ng - nl - nn - no - nov - nrm - nv - ny - oc - om - or - os - pa - pag - pam - pap - pdc - pi - pih - pl - pms - ps - pt - qu - quality - rm - rmy - rn - ro - roa_rup - roa_tara - ru - rw - sa - sah - sc - scn - sco - sd - se - sg - sh - si - simple - sk - sl - sm - sn - so - sr - srn - ss - st - stq - su - sv - sw - szl - ta - te - tet - tg - th - ti - tk - tl - tlh - tn - to - tpi - tr - ts - tt - tum - tw - ty - udm - ug - uk - ur - uz - ve - vec - vi - vls - vo - wa - war - wo - wuu - xal - xh - yi - yo - za - zea - zh - zh_classical - zh_min_nan - zh_yue - zu -