Vitiligo
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Vitiligo é unha doenza autoinmune non contaxiosa na que ocorre unha perda da pigmentación da pel.
Esta despigmentación ocorre xeralmente en forma de placas na face, nas mans e en calquera lugar do corpo. O lugar atinxido fica cun aspecto branco transparente e bastante sensíbel ao sol, podendo ocorrer serias queimaduras en caso de exporse ao sol sen protector. Tende a empeorar coa tensión e a ansiedade, e en situacións de stress é común que aparezan novas placas que poden ficar permanentemente.