Víctor Said Armesto
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Víctor Said Armesto (nado en Pontevedra en 1871 e falecido en Madrid en xullo 1914) foi un escritor e catedrático de Lingua e literatura galaico-portuguesa, sendo o primeiro nesta especialidade.
Era fillo do pedagogo krausista Federico Sáiz e de Amalia Armesto Aldao (irmá de Indalecio Armesto).
Xa con 15 anos dirixía a publicación La Guindilla. Estudou Dereito e Filosofía na Universidade de Compostela, doutorándose en Madrid. Alí pertence á loxia masónica "Comuneros de Castilla".
En 1902 casa con Amadora Santoro, coa que tivo sete fillos.
En 1905 encárgase, xunto con Casto Sampedro, de preparar a fundación da Real Academia Galega. En 1907 entra en Solidaridad Gallega. Logra a cátedra, e tras ensinar en Reus e León, regresa ó instituto de Pontevedra.
Colaborou en prensa local, estatal e americana, como El Heraldo, El País, La Nación, Blanco y Negro, La Justicia, La Ilustración Española y Americana ou Galicia Literaria.
A súa biblioteca, en parte herdada do seu tío, consérvase no Museo de Pontevedra.
[editar] Obra
- Estrofas (1884)
- Amor y celos (1887);
- Análisis y ensayos (1897); inclúe:
- Un libro modernista; ensaio sobre o libro de Valle-Inclán Féminas.
- La leyenda de Don Juan (1908);
- Las Mocedades del Cid
- Poesía popular gallega
- Colección de romances en lengua gallega;
- Notas para un diccionario etimológico gallego
- Retoños al minuto (entremés);
- Cancionero musical de Galicia (1910, premio da Academia de Belas Artes en 1911); Inclúe 88 romances, descripción de bailes e instrumentos, e 473 melodías;
- Orígenes poéticos de El Burlador de Sevilla
- El Convidado de piedra
- Tristán y la literatura mística
- La flor del agua, zarzuela musicada por Conrado del Campo;