See also ebooksgratis.com: no banners, no cookies, totally FREE.

CLASSICISTRANIERI HOME PAGE - YOUTUBE CHANNEL
Privacy Policy Cookie Policy Terms and Conditions
La Nación - Wikipedia

La Nación

Na Galipedia, a wikipedia en galego.

La Nación é un xornal matutino de Arxentina, editado na cidade de Bos Aires. Foi fundado polo ex presidente Bartolomeu Mitre e o seu primeiro exemplar publicouse o 4 de xaneiro de 1870. De formato "saba", é o segundo diario en cantidade de circulación no país.

Índice

[editar] Historia

Ao seu primeiro director e fundador sucedérono os seus fillos, Bartolomeu Mitre y Vedia e Emilio Mitre. Este último creou S.A. La Nación en 1909, a cal sigue sendo a sociedade propietaria do diario. Entre 1909 e 1912 os co-directores foron os netos do fundador, Luís e Jorge. Logo o primeiro presidiría o directorio, e o segundo sería director xornalístico. En 1932 Luís Mitre asume ambas as funcións, que mantén ata a súa morte en 1950. Desde entón ata a súa morte en 1982 o diario sería conducido por Bartolomeu Mitre, bisneto do fundador, e desde 1982 ata o presente (2007) por Bartolomeu Mitre, tataraneto do fundador.

É visto polo xeral como un dos diarios arxentinos máis prestixiosos e con maior traxectoria, que soubo ter unha continuidade no seu estilo e orientación ao longo do tempo. En xaneiro de 2007 conmemorou os seus 137 anos de publicación. Actualmente é o segundo diario en cantidade de circulación en Arxentina, detrás de Clarín.

A súa lema é: "La Nación será una tribuna de doctrina".

[editar] Orientación política

De tendencia tradicionalmente conservadora, adoita ser a vía de expresión de sectores afíns á Igrexa católica, ás Forzas Armadas e aos grandes produtores agropecuarios da Arxentina. Con todo, polas súas columnas e notas de opinión pasaron personalidades das máis variadas cores políticas.

[editar] La Nación en Internet

En 1995 La Nación lanzou o seu sitio web, chamado inicialmente La Nación Line. Actualmente é o segundo sitio de noticias máis visitado da Arxentina, detrás da versión dixital de Clarín.

[editar] Seccións

Actualmente o diario conta con 5 seccións fixas diarias:

  • Sección primeira: Política, información general, exterior, ciencia, opinión, etc.
  • Sección segunda: Economía
  • Sección terceira: Deportes
  • Sección cuarta: Espectáculos
  • Sección quinta: Clasificados

e 16 suplementos semanais:

  • Revista
  • Tecnología
  • Al volante
  • Moda y Belleza
  • Turismo
  • Campo
  • Enfoques
  • Cultura
  • Arquitectura
  • Empleos
  • Comercio Exterior
  • Countries
  • Propiedades
  • Inmuebles Comerciales
  • Arte
  • Salud
  • Comunidad (Mensual)

Na súa última páxin publícanse as tiras cómicas. Entre elas, as de Maitena e Liniers.

[editar] Véxase tamén

[editar] Ligazóns externas


aa - ab - af - ak - als - am - an - ang - ar - arc - as - ast - av - ay - az - ba - bar - bat_smg - bcl - be - be_x_old - bg - bh - bi - bm - bn - bo - bpy - br - bs - bug - bxr - ca - cbk_zam - cdo - ce - ceb - ch - cho - chr - chy - co - cr - crh - cs - csb - cu - cv - cy - da - de - diq - dsb - dv - dz - ee - el - eml - en - eo - es - et - eu - ext - fa - ff - fi - fiu_vro - fj - fo - fr - frp - fur - fy - ga - gan - gd - gl - glk - gn - got - gu - gv - ha - hak - haw - he - hi - hif - ho - hr - hsb - ht - hu - hy - hz - ia - id - ie - ig - ii - ik - ilo - io - is - it - iu - ja - jbo - jv - ka - kaa - kab - kg - ki - kj - kk - kl - km - kn - ko - kr - ks - ksh - ku - kv - kw - ky - la - lad - lb - lbe - lg - li - lij - lmo - ln - lo - lt - lv - map_bms - mdf - mg - mh - mi - mk - ml - mn - mo - mr - mt - mus - my - myv - mzn - na - nah - nap - nds - nds_nl - ne - new - ng - nl - nn - no - nov - nrm - nv - ny - oc - om - or - os - pa - pag - pam - pap - pdc - pi - pih - pl - pms - ps - pt - qu - quality - rm - rmy - rn - ro - roa_rup - roa_tara - ru - rw - sa - sah - sc - scn - sco - sd - se - sg - sh - si - simple - sk - sl - sm - sn - so - sr - srn - ss - st - stq - su - sv - sw - szl - ta - te - tet - tg - th - ti - tk - tl - tlh - tn - to - tpi - tr - ts - tt - tum - tw - ty - udm - ug - uk - ur - uz - ve - vec - vi - vls - vo - wa - war - wo - wuu - xal - xh - yi - yo - za - zea - zh - zh_classical - zh_min_nan - zh_yue - zu -