Conversa Usuario:Uhanu
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Benvido(a) á Galipedia, Uhanu
Esta é a túa páxina de conversa, que che servirá para recibir mensaxes doutros colaboradores. Ademais, tes a túa páxina de usuario, onde podes poñer os teus datos, intereses, etc. |
||
Na Guía de edición e nas preguntas frecuentes podes atopar moita información de axuda. Explícase como editar unha páxina, como configurar a interface (por exemplo, elixir a lingua), como cargar ficheiros e os puntos básicos da políticas e normas da Wikipedia. Non precisas de coñecementos técnicos para contribuír aquí. Anímate a contribuír e presupón boa fe con respecto ás intencións dos outros colaboradores. Isto é un wiki - é realmente doado contribuír. Hai máis información dispoñible na páxina de axuda e no Portal da comunidade. Pódeste pór en contacto co resto dos usuarios na Taberna da Galipedia. Tamén podes contactar cos administradores na súa páxina de conversa ou no Taboleiro dos administradores. |
|
Boa estadía e bo traballo.
- Lembra que tes que introducir unha licenza GFDL nas imaxes que acabaches de subir (no trocante a Cantabria). Un saúdo. --Xelo2004 (Se non estás dacordo, dimo) 02:16, 21 abril 2006 (UTC)
[editar] Image:BandeiraCantabria.svg.png
Hola Uhanu. Subiches a imaxe Image:BandeiraCantabria.svg.png. Dita imaxe, sempre que sexa procedente, para non ser borrada, precisa ter os datos denominados licenza ou coyright e orixe ou source. O problema é que a imaxe non é procedente porque é idéntica á imaxe Image:Flag of Cantabria.svg presente en Commons. Quizais non soubeses que as imaxes de Commons non hai que subilas á Galipedia, poden ser usadas na Galipedia tal cal as imaxes que á mesma se subiron.
Procedo por ese motivo ó borrado desa imaxe e á substitución na páxina Cantabria desa bandeira pola presente en Commons.
Se queres máis aclaracións sobre os datos que unha imaxe debe presentar, olla Wikipedia:Política de uso de imaxes. Se tes algunha dificultade, non dubides en contactar comigo facendo click na palabra Galipedia da miña sinatura. Un cordial saúdo. --Lmbuga Commons - Galipedia 22:02, 15 xuño 2006 (UTC)
- O dito para a imaxe anterior é válido tamén para Image:EscudoCantabria.svg.png e para Image:MapaFisicoCantabria.png. Conta comigo para o que desexes. Un cordial saúdo. --Lmbuga Commons - Galipedia 22:08, 15 xuño 2006 (UTC)
[editar] imaxe do mapa para Cantabria-Santander
Ante todo un saudiño e benvido á Galipedia. Sobre o do mapa, os nomes das imaxes non son nin indicadores nin significativos en absoluto e poden ser calquera mentres non interrompan o funcionamento lóxico da comunidade. De feito, hai unha enorme cantidade de imaxes que son simplemente códigos numéricos (habitual no baleirado das cámaras de fotos dixitais) cando o que representa é un tema ben claro. O nome da foto nin sequera aparece coma texto auxiliar nos artigos cando se coloca o punteiro sobre ela, a non ser que se especifique que si e cal debe ser. Só aparecen na barra de estado do navegador (cando está activa, e aínda así non de todos) e cando vas directamente a ela. Non hai ningunha política sobre os nomes das imaxes (ó contrario que dos artigos), pero se o cres imperativo tampouco teño problema en que se cambie. Eu tampouco sei se as imaxes se poden mover (teño tantos motivos para pensar que si coma que non é tecnicamente posible), pero podo preguntalo se o vés moi necesario. Saúdos galipédicos, --Sobreira (parlez) 15:30, 14 marzo 2007 (UTC)