Transición Española
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
A Transición española foi un período político da España moderna, que transcorre desde a morte do xeneral Francisco Franco o 20 de novembro de 1975 ata a entrada en vigor da Constitución española de 1978.
No período tivo lugar a transformación social da nación española desde a ditadura ata a democracia.
Con todo, non hai consenso entre os politólogos para delimitar a data no que se entende consumada a transición, e así, propóñense outros fitos como:
- a superación do errado golpe de estado do 23 de febreiro de 1981
- a primeira vitoria electoral dun partido de esquerdas (PSOE) nas eleccións xerais do día 28 de outubro de 1982.
- Incluso hai quen sitúa o fin da transición no primeiro relevo pacífico dun goberno elixido en democracia logo da II República Española (eleccións do ano 1996, gañadas polo Partido Popular)