Tomiño
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
- Este artigo trata sobre o concello da comarca do Baixo Miño. Para a planta aromática, ver o artigo tomiño (planta)
Tomiño | |
---|---|
Situación | |
Xentilicio 1: | Tomiñés |
Xeografía | |
Provincia: | Provincia de Pontevedra |
Comarca: | Baixo Miño |
Área: | 106,6 km² |
Entidades de poboación: | Lugares de Tomiño |
Capital do concello: | O Seixo |
Latitude e lonxitude: | |
Altitude máxima: | - m. |
Altitude mínima: | m. |
Zona horaria: 2 | UTC + 1 |
Demografía (2006) | |
Poboación: | 12.278 hab. |
Densidade: | 109,28 hab./km² |
Uso do galego 3 (2001) | |
Galegofalantes sobre o total da poboación: | 97,02 % |
Falantes do galego no tramo 5 a 29 anos | |
Sempre: | 76,70 % |
Ás veces: | 18,57 % |
Nunca: | 4,71 % |
Política (2007) | |
Concelleiros 4: | PPdeG 6 (votos - %) BNG 4 (votos - %) PSdeG-PSOE 2 (votos - %) Outros: 5 (- %) |
Alcalde: | José Luis Fernández Lorenzo (PPdG) |
Eleccións municipais en: Tomiño {{{eleccións}}} |
|
Censo electoral (2003) | |
Total electores: | - 100 % |
Votantes: | - % |
Abstencións: | - % |
Votos en branco: | - % |
Votos nulos: | - % |
Orzamentos (2000) | |
Enderezos | |
Enderezo físico: | |
Teléfono: | |
Fax: | |
Código postal: | |
Correo electrónico: | |
|
|
Notas: |
Tomiño é un concello da provincia de Pontevedra, pertencente á comarca do Baixo Miño.
Segundo o IGE a súa poboación no ano 2006 era de 12.278 (6.083 homes e 6.195 mulleres). O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é Tomiñés.
Ten unha superficie de 106,6 km², e sitúase no antigo territorio de Turonio. A súa densidade de poboación é de 109, 28 hab/km².
O municipio, limitado por montañas, forma parte do val do Miño e fai fronteira con Portugal. De forma natural, encóntrase enmarcado pola serra do Argallo ó oeste, que o separa do municipio do Rosal e de Oia; ó norte, a prolongación dos montes de A Groba e do Galiñeiro, limítao dos municipios de Baiona e Gondomar; ó leste continúan as estribacións desta serra, que vai perdendo altitude a medida que se vai acercando as terrazas fluviais do Miño, relevo que o separa do municipio de Tui; e ó sur, separado tamén polo río Miño, limita con Portugal.
Índice |
[editar] Como chegar
Tomiño encóntrase sito a media hora de Vigo e a 1 hora de Ourense.
Desde a autoestrada do Atlántico débese coller a C-550 (Tui-A Guarda) á altura de Tui, desviándose cara Tomiño.
Indo desde Vigo pola costa pásase por Baiona e chégase ata A Guarda. Desde aí, collendo a mesma comarcal C-550 chégase a Tomiño nuns 20 minutos.
Á altura da Ramallosa (Nigrán) tamén se pode acceder a Tomiño por Gondomar collendo a PO-351.
Desde Portugal, a través da ponte internacional ubicada en Tui-Valença sobre o río Miño e que une Galicia con Portugal, podemos chegar a Tomiño pola C-550, ou a través da ponte internacional ubicada en Goián-Vilanova de Cerveira.
[editar] Tomiñeses de sona
- Eliseo Alonso Rodríguez, escritor (1924-1996)
- Xosé Luís Franco Grande, escritor (n. 1936)
- Toñi Vicente, unha das cociñeiras con máis sona de Galicia. O seu restaurante está en Santiago de Compostela (n. 1953)
- Manuel Vicente Alonso último alcalde republicano, condenado a pena de morte polo rexime feixista de franco, no ano 1936.
[editar] Lugares de Tomiño
Tomiño ten 134 lugares, agrupados en 15 parroquias. Para unha lista completa de todos os lugares do concello de Tomiño vexa: Lugares de Tomiño.
[editar] Parroquias
[editar] Véxase tamén
Referencias relacionadas con Galicia |
||