Tom Boonen
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Informacións | |
---|---|
Nome | Tom |
Apelido | Boonen |
Data de nacemento | 15 de outubro de 1980 |
País | Bélxica |
Equipo | |
Último equipo | Quick Step |
Equipo(s) Pro | |
2001-2002 2003 |
US Postal Quick Step |
Principais vitorias | |
|
Tom Boonen é un ciclista belga nado o 15 de outubro de 1980 en Mol. Corredor de grande envergadura (1,92 m. e 80 kg.) é particularmente bo nos espríns e en carreiras dun só día.
Índice |
[editar] Vida profesional
Tom Boonen é un ciclista profesional dende 2002, primeiro co equipo estadounidense US Postal e logo, dende 2003, no Quick Step, conxunto especializado en probas dunha soa xornada e en esprinters. Xa no primeiro ano como profesional colleitou unha meritoria terceira praza na París-Roubaix. Pero o seu grande ano foi o 2005, cando conseguiu vencer na Volta a Flandres, na París-Roubaix e no Campionato do mundo de ciclismo en estrada. Ademais ese mesmo ano obtivo dúas vitorias de tirada no Tour, e foi elixido Bicicleta de ouro como mellor ciclista do ano.
[editar] Principais éxitos
Boonen obtivo ao longo da súa carreira (ata xullo de 2007), un total de 75 vitorias, a maior parte delas en tiradas de voltas e en carreiras dun só día.
- Campión do mundo de ciclismo en estrada, no ano 2005, nos campionatos celebrados en Madrid.
- Campión do Tour de Francia 2007 na clasificación por puntos.
- Vencedor da Volta a Flandres en 2005 e 2006. Había máis de vintecinco anos que ningún ciclista conseguía gañar esta proba dúas veces.
- Vencedor da París-Roubaix en 2005.
- Vencedor da Gante-Wevelgem en 2004
- Cinco vitorias de tirada no Tour de Francia: 2 en 2004, 2 en 2005 e 1 en 2007.
- Vencedor da Volta a Bélxica en 2005
- Vencedor da Volta a Picardía en 2004
- Vencedor da Volta a Qatar en 2006
- 11 vitorias na Volta a Qatar, 6 na Volta a Bélxica, ou 5 en tiradas da París-Nisa.
Predecesor: Óscar Freire |
Campión do mundo de ciclismo proba en estrada 2005 en Madrid |
Sucesor: Paolo Bettini |
Predecesor: Robbie McEwen |
Campión dos puntos no Tour de Francia 2007 |
Sucesor: - |