Tierra Comunera
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Tierra Comunera (TC) é un partido político español de tendencia castelanista.
[editar] Fundación
Foi fundado en decembro de 1988 en Soria, si ben ten maior implantación política na cidade de Burgos, onde está ubicada a súa sede central. O nome orixinal do partido no momento da fundación era Tierra Comunera, mais en 1991 pasou a denominarse Tierra Comunera-Partido Nacionalista Castellano (TC-PNC). Logo do VII Congreso Nacional de Tierra Comunera - Partido Nacionalista Castellano, celebrado en Segovia no 2004, acordouse mudar de novo o nome do partido, eliminando o apéndice Partido Nacionalista Castellano e voltando ao orixinario: Tierra Comunera.
[editar] Programa político
TC esixe o recoñecemento de Castela como nacionalidade histórica e a súa unidade territorial, superando a fragmentación da "nación" castelá en cinco comunidades autónomas (Castela e León, Castela-A Mancha, Madrid, Cantabria e A Rioxa), aínda cando a súa representación, nestas dúas últimas comunidades autónomas, é inexistente. Politicamente, TC defínese como nacionalista, progresista e ecoloxista.
[editar] Resultados eleitorais
En 1999 obtivo os mellores resultados eleitorais da súa historia, atinxindo representación no concello de Burgos e máis nas Cortes de Castela e León. Mais nas seguintes eleizóns municipais e autonómicas (2003) perdeu a representación nas Cortes, aínda que acrecentou a súa presenza en municipios de provincias castellanes como Ávila, Segovia, Valladolid, Palencia, Guadalaxara e máis Cidade Real, sen contar a provincia de Burgos, na cal o partido ten decenas de cargos públicos.
Porén, nunca ten obtido representación de nivel estatal.