The Others
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
The Others (Os Outros) é unha película española do ano 2001 inspirada na obra Outra volta de torniqueta de Henry James dentro do xénero do thriller e dirixida polo director español Alejandro Amenábar coa australiana Nicole Kidman como actriz protagonista. É unha coprodución hispano-franco-estadounidense.
Gravouse en localizacións de Cantabria e Madrid, aínda que a historia está ambientada na illa de Xersei. No seu momento, foi a película española máis taquilleira da historia, con máis de 68.000.000 $ recaudados só en Estados Unidos.
Gañou oito Premios Goya incluíndo premios á mellor película e ó mellor director. Nicole Kidman foi candidata ó Oscar á mellor actriz.
Índice |
[editar] Reparto completo
- Nicole Kidman (Grace Stewart)
- Alakina Mann (Anne Stewart)
- James Bentley (Nicholas Stewart)
- Fionnula Flanagan (Bertha Mills)
- Christopher Eccleston (Charles Stewart)
- Eric Sykes (Edmund Tuttle)
- Elaine Cassidy (Lydia)
- Renée Asherson (Mujer mayor)
- Gordon Reid (Asistente)
- Keith Allen (Sr. Marlish)
- Michelle Fairley (Sra. Marlish)
- Alexander Vince (Victor Marlish)
- Ricardo López (Segundo asistente)
- Aldo Grilo (Jardinero)
[editar] Argumento
Aviso: Esta sección pode revelar detalles da trama ou do argumento.
Ó final da Segunda Guerra Mundial Grace (Nicole Kidman) retírase cos seus dous fillos a unha gran mansión en Jersey, onde espera que regrese o seu marido da fronte. Os seus fillos padecen de fotofobia, unah enfermidade que lles impide estar expostos áluz do sol, polo que tódalas fiestras da casa deben permanecer pechadas. Grace contrata a tres sirventes, que se comportan dun xeito cada vez más estraño, ataque Grace fai un descubrimento totalmente inesperado.
[editar] Premios
Os outros obtivo 15 candidaturas na XVI edición dos Premios Goya, dos que gañou 8. Estas foron as súas candidaturas (en negriña os premios gañados):
- Mellor película
- Mellor director: Alejandro Amenábar
- Mellor guión orixinal: Alejandro Amenábar
- Mejor música orixinal: Alejandro Amenábar
- Mellor dirección de produción: Emiliano Otegui e Miguel Ángel González
- Mellor fotografía: Javier Aguirresarobe
- Mellor montaje: Nacho Ruiz Capillas
- Mellor actor revelación: James Bentley
- Mellor interpretación feminina protagonista: Nicole Kidman
- Mellor actriz revelación: Alakina Mann
- Mellor dirección artística: Benjamín Fernández
- Mellor deseño de vestiario: Sonia Grande
- Mellor maquillaxe e perruquería: Ana López-Puigcerver e Belén López-Puigcerver
- Mellor son: Ricardo Steinberg, Tim Cavagin, Alfonso Raposo e Daniel Goldstein
- Mellores efectos especiais: Derek Langley, Pedro Moreno, Félix Bergés e Rafael Solórzano