Terzo
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
O Terzo era unha unidade de infantería do exército español durante a época da Casa de Austria. Os terzos foron famosos pola súa resistencia no campo de batalla e formaron a elite das unidades militares dispoñibles para os reis de España da época.
[editar] Orixe dos Terzos
Aínda que foron oficialmente creados por Carlos I de España trala reforma do exército de 1534 como guarnición das posesións españolas en Italia e para operacións expedicionarias no Mediterráneo, os seus orixes remóntanse probablemente ás tropas do Gran Capitán en Italia, organizadas en coronelías que agrupaban as capitanías. Os tres primeiros terzos, creados a partir das tropas estacionadas en Italia, foron no Tercio Vello de Sicilia, o Tercio Vello de Nápoles e o Tercio Vello de Lombardía. Pouco despois creáronse o Tercio Vello de Sardeña e o Tercio de Galeras (que foi la primeira unidade de infantería de mariña da historia). Tódolos terzos posteriores coñeceríanse como Tercios novos.
O obxectivo do Terzo era poder contar con corpos móbiles e poderosos para afrontar as múltiples campañas militares ás que se enfrentaban os gobernantes españoles da época.
Estaban inspirados na Lexión romana, polo que algúns historiadores cren que poideron ser bautizados así debido á terza, a lexión romana que operaba en Hispania. Non obstante, outros autores apuntan a que o nome de Terzo pode vir do feito de que os primeiros terzos italianos estiveran compostos por 3.000 hombres.
[editar] Organización dos Terzos
A organización dos terzos variou moitísimo durante a súa existencia (1534-1704). A estrutura orixinal, propia dos Tercios de Italia, dividía cada terzo en 10 capitanías ou compañías, 8 de piqueiros e 2 de arcabuceiros, de 300 homes cada unha. Cada compañía, aparte do capitán, tiña outros oficiais: un alférez, un sarxento e 10 cabos (cada un dos cales mandaba a 30 homes da compañía); aparte dos oficiais, en cada compañía había un certo número de auxiliares (oficial de intendencia ou furriel, capellán, músicos, paxe do capitán, etc).
Posteriormente, os Terzos de Flandes adoptaron unha estrutura de 12 compañias, 10 de piqueiros e 2 de arcabuceiros, cada unha delas formada por 250 homes. Cada grupo de 4 compañías chamábase coronelía. O estado maior dun terzo de Flandes tiña como oficiais principais ós coroneis (un por cada coronelía), un Maestre de Campo (xefe supremo do terzo nomeado directamente pola autoridade real) e un Sarxento Maior, o segundo ó mando do Maestre de Campo.
Os terzos adoitaban presentarse no campo de batalla agrupando ós piqueiros no centro da formación, escoltados polos arcabuceiros e deixando libres a algúns destes últimos no que se denominaban mangas, para hostigar e molestar ó inimigo.
O persoal de cada unidade era sempre voluntario e adestrado especialmente no propio terzo, o que converte a estas unidades no xermolo do exército profesional moderno.
A medida que trascurriron os anos, os terzos foron tanto diminuíndo en número de homes coma aumentando a proporción de arcabuceiros e mosqueteiros sobre a de piqueiros, eliminando calquera vestixio dalgunhas armas aínda comúns no momento de creación do terzo (por exemplo, a béstas ou o escudo redondo ou rodela).
[editar] Legado
Aínda que Filipe V disolveu o terzo na súa reforma de 1704, este nome consérvase aínda hoxe en día en tres corpos da lexión española e no corpo de infantería da mariña.