See also ebooksgratis.com: no banners, no cookies, totally FREE.

CLASSICISTRANIERI HOME PAGE - YOUTUBE CHANNEL
Privacy Policy Cookie Policy Terms and Conditions
Lexión romana - Wikipedia

Lexión romana

Na Galipedia, a wikipedia en galego.

A lexión romana (do latín legio, "leva") era a división fundamental do exército romano e estaba formada xeralmente por entre 5000 e 6000 soldados de infantaría (posteriormente 8000) e varios centos de cabaleiros e tropas auxiliares. As lexións tiñan un nome e un número e coñécense unhas 50. Habitualmente había 28 lexións máis os auxiliares.

Dos 5000 homes da lexión, cerca de 300 proviñan de cidades ou estados vasalos, e facían o papel de auxiliares de infantaría ou cavalaría.

O componente principal da lexión era a infantaría pesada, formada por soldados armados com pillum e gladius e protexidos por unha lorica segmentata e un escudo retangular convexo. Alén, é claro, dun casco, sendo o máis utilizado no período imperial o modelo imperial gálico.

Unha Lexión dividíase en dez cohortes de 500 ou 600 homes, comandada cada unha por un tribuno. As cohortes constaban de seis centurias (divisións con 100 lexionarios), comandadas polos centurións. Por outra parte, cada cohorte constaba de tres manípulos de douscentos homes (dúas centurias). As centurias tiñan dez decurias, cun decurión ao frente de cada unha. Ademais, cada lexión contaba con trescentos xinetes, seleccionados de entre os patricios. As lexións estaban comandadas por seis tribunos que recebían as ordes do cónsul.

Durante a República e certos períodos do Imperio Romano, non había un exército romano propiamente dito. Cada xeneral ou alto maxistrado posuía unha ou máis lexións que lle eran fiéis e obedecian antes as súas ordens do que as dun comandante xeral. Durante a República, cada cónsul era responsábel das súas propias lexións, debendo tamén comandalas. Das catro lexións que tiña o exército romano a fins da República e comezos do Imperio (que podían aumentar en casos especiais) pasouse a 28 cara o ano 69 d.C., cun total aproximado de 168.000 infantes e 8.400 xinetes. En tempos de Marco Aurelio, coa máxima expansión do Imperio, o exército chegou ás 40 lexións, con case 250.000 efectivos. No século III, as tropas de cabalaría comezaban a substituir a estrutura militar das lexións.

A finais do século I, as lexións e a súa ubicación eran as seguintes:

  • Lexión II Augusta en Gloucester (Inglaterra)
  • Lexión IX Hispana en Lincoln (Inglaterra);
  • Lexión XX Valeria Victrix perto de Shrewsbury (Inglaterra)
  • Lexións V Alaudae e XV Primigenia en Xanten (Alemaña);
  • Lexión XVI Gallica en Neuss (Alemaña)
  • Lexión I Germanica en Bonn (Alemaña)
  • Lexións IV Macedonia e XXII Primigenia en Maguncia (Alemaña)
  • Lexión XXI Rapax en Windisch (Austria)
  • Lexión X Gemina perto de Bratislava (Eslovaquia)
  • Lexión XIII Gemina perto de Budapest (Hungría)
  • Lexións XI Claudia, VIII Augusta, III Gallica e VII Claudia na ribeira sul do Danubio
  • Lexións IV Scythica, XII Fulminata e VI Ferrata perto de Antioquía (Siria)
  • Lexións V Macedonica, X Fretensis e XV Apollinaris, en Xudea
  • Lexións III Cyrenaica e XXII Deiotariana en Alexandría (Exipto)
  • Lexión III Augusta perto da fronteira entre Túnez y Arxelia
  • Lexión VI Victrix en España
  • Lexión I Italica en Italia
  • Lexión XIV Gemina en Lyon (Francia).
Commons
Commons ten máis contidos multimedia sobre:



aa - ab - af - ak - als - am - an - ang - ar - arc - as - ast - av - ay - az - ba - bar - bat_smg - bcl - be - be_x_old - bg - bh - bi - bm - bn - bo - bpy - br - bs - bug - bxr - ca - cbk_zam - cdo - ce - ceb - ch - cho - chr - chy - co - cr - crh - cs - csb - cu - cv - cy - da - de - diq - dsb - dv - dz - ee - el - eml - en - eo - es - et - eu - ext - fa - ff - fi - fiu_vro - fj - fo - fr - frp - fur - fy - ga - gan - gd - gl - glk - gn - got - gu - gv - ha - hak - haw - he - hi - hif - ho - hr - hsb - ht - hu - hy - hz - ia - id - ie - ig - ii - ik - ilo - io - is - it - iu - ja - jbo - jv - ka - kaa - kab - kg - ki - kj - kk - kl - km - kn - ko - kr - ks - ksh - ku - kv - kw - ky - la - lad - lb - lbe - lg - li - lij - lmo - ln - lo - lt - lv - map_bms - mdf - mg - mh - mi - mk - ml - mn - mo - mr - mt - mus - my - myv - mzn - na - nah - nap - nds - nds_nl - ne - new - ng - nl - nn - no - nov - nrm - nv - ny - oc - om - or - os - pa - pag - pam - pap - pdc - pi - pih - pl - pms - ps - pt - qu - quality - rm - rmy - rn - ro - roa_rup - roa_tara - ru - rw - sa - sah - sc - scn - sco - sd - se - sg - sh - si - simple - sk - sl - sm - sn - so - sr - srn - ss - st - stq - su - sv - sw - szl - ta - te - tet - tg - th - ti - tk - tl - tlh - tn - to - tpi - tr - ts - tt - tum - tw - ty - udm - ug - uk - ur - uz - ve - vec - vi - vls - vo - wa - war - wo - wuu - xal - xh - yi - yo - za - zea - zh - zh_classical - zh_min_nan - zh_yue - zu -