See also ebooksgratis.com: no banners, no cookies, totally FREE.

CLASSICISTRANIERI HOME PAGE - YOUTUBE CHANNEL
Privacy Policy Cookie Policy Terms and Conditions
Termigal - Wikipedia

Termigal

Na Galipedia, a wikipedia en galego.

Termigal é o organismo encargado da coordinación xeral das actividades terminolóxicas relativas á lingua galega, de promover e levar a cabo a elaboración de recursos terminolóxicos e de garanti-la súa dispoñibilidade, e de promove-lo desenvolvemento de produtos de enxeñaría lingüística en que a terminoloxía teña unha especial incidencia [1]. Foi creado en 1997 mediante un convenio asinado entre a RAG (coma autoridade académica encargada da normativización da lingua galega) e a Dirección Xeral de Política Lingüística da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria (coma organismo competente en materia de política lingüística). Actualmente está establecido coma un proxecto do Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades (CIRP) e dentro do Seminario de Lexicografía da RAG, centrándose en definir a terminoloxía técnica en galego. Na actualidade está coordinado por Manuel González González e nel traballan tres bolseiros que xestionan os seguintes servizos:

  • con apoio exterior, desenvolven terminoloxía específica e sistemática para determinadas áreas de especialidade, con proxectos a longo prazo moi amplos e variados (hostelaría, mundo empresarial, botánica, oficios e profesións, automoción, música);
  • resolución de consultas realizadas por teléfono ou mediante o correo electrónico, principalmente procedentes de tradutores, terminólogos ou servizos de normalización lingüística.

O Termigal non ten páxina web propia e non dispón de ningún repertorio de público acceso en Internet á maneira do Cercaterm do seu homólogo Termcat.cat. A súa presenza na rede é a través do sitio web do CIRP, o seu correo electrónico é termigal(arroba)cirp.es e o seu teléfono de consultas é 981542653.

[editar] Publicacións

Conta xa con varias publicacións, agrupadas nunha colección numerada que consiste nos seguintes volumes:

  1. Victorino Gutiérrez Aller (1998) Formulario notarial. Santiago de Compostela: Termigal, CIRP-Xunta de Galicia. ISBN 8445322826
  2. Xoaquín Monteagudo Romero (1998) Regulamentos municipais. Santiago de Compostela: Termigal, CIRP-Xunta de Galicia. ISBN 8445323784
  3. Fernando Lahuerta Mouriño & Francisco X. Vázquez Álvarez & Xosé L. Rodríguez Villanueva (2002) Vocabulario multilingüe de acuicultura Santiago de Compostela: Termigal, CIRP-Xunta de Galicia. ISBN 844533316X
  4. Fernando Lahuerta Mouriño & Francisco X. Vázquez Álvarez (2000) Vocabulario multilingüe de organismos acuáticos Santiago de Compostela: Termigal, CIRP-Xunta de Galicia. ISBN 8445329138
  5. Edith Pazó Fernández (2005) Dicionario galego de televisión. Santiago de Compostela: Termigal, CIRP-Xunta de Galicia. ISBN 844534062X

Previamente xa existían publicacións sen estar adscritas especificamente ó Termigal, entre as que destaca:


[editar] Véxase tamén

[editar] Notas

  1. Folleto de publicidade do propio Termigal


aa - ab - af - ak - als - am - an - ang - ar - arc - as - ast - av - ay - az - ba - bar - bat_smg - bcl - be - be_x_old - bg - bh - bi - bm - bn - bo - bpy - br - bs - bug - bxr - ca - cbk_zam - cdo - ce - ceb - ch - cho - chr - chy - co - cr - crh - cs - csb - cu - cv - cy - da - de - diq - dsb - dv - dz - ee - el - eml - en - eo - es - et - eu - ext - fa - ff - fi - fiu_vro - fj - fo - fr - frp - fur - fy - ga - gan - gd - gl - glk - gn - got - gu - gv - ha - hak - haw - he - hi - hif - ho - hr - hsb - ht - hu - hy - hz - ia - id - ie - ig - ii - ik - ilo - io - is - it - iu - ja - jbo - jv - ka - kaa - kab - kg - ki - kj - kk - kl - km - kn - ko - kr - ks - ksh - ku - kv - kw - ky - la - lad - lb - lbe - lg - li - lij - lmo - ln - lo - lt - lv - map_bms - mdf - mg - mh - mi - mk - ml - mn - mo - mr - mt - mus - my - myv - mzn - na - nah - nap - nds - nds_nl - ne - new - ng - nl - nn - no - nov - nrm - nv - ny - oc - om - or - os - pa - pag - pam - pap - pdc - pi - pih - pl - pms - ps - pt - qu - quality - rm - rmy - rn - ro - roa_rup - roa_tara - ru - rw - sa - sah - sc - scn - sco - sd - se - sg - sh - si - simple - sk - sl - sm - sn - so - sr - srn - ss - st - stq - su - sv - sw - szl - ta - te - tet - tg - th - ti - tk - tl - tlh - tn - to - tpi - tr - ts - tt - tum - tw - ty - udm - ug - uk - ur - uz - ve - vec - vi - vls - vo - wa - war - wo - wuu - xal - xh - yi - yo - za - zea - zh - zh_classical - zh_min_nan - zh_yue - zu -