See also ebooksgratis.com: no banners, no cookies, totally FREE.

CLASSICISTRANIERI HOME PAGE - YOUTUBE CHANNEL
Privacy Policy Cookie Policy Terms and Conditions
Teoría da grande unificación - Wikipedia

Teoría da grande unificación

Na Galipedia, a wikipedia en galego.

Artigo en progreso: Este artigo relacionado coa Física é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel e contribúe a que a Galipedia mellore e medre.


Unha Teoría de Grande Unificación (TGU, ou GUT por "Grand Unification Theory") é unha teoría que unifica nunha tres das catro forzas fundamentais na natureza: a forza nuclear débil, forza nuclear forte e a forza electromagnética. A forza de gravidade non é considerada nas teorías de Grande Unificación, pero si nunha eventual Teoría do Todo (TOE), que consideraría as catro interaccións fundamentais.

Como exemplos exitosos de "unificación", atópanse a demostración, por parte de Newton, de que a forza que mantén óss planetas xirando en torno ao Sol e a forza que nos mantén pegados á superficie da Terra é a mesma. Tamén Maxwell levou a cabo a unificación dos campos eléctricos e magnéticos, que ata antes da súa teoría (Teoría electromagnética de Maxwell), eran considerados fenómenos separados e diferentes.

Steven Weinberg e Abdus Salam descubriron en 1967-1968, unha teoría relativista do campo cuántico, que permitía expresar as interaccións electromagnéticas e débiles dun xeito unificado (a chamada interacción electrodébil), e que prediciu feitos que logo foron comprobados experimentalmente. Logo, Howard Georgi e Sheldom Glashow desenvolveron unha teoría que aportaba novas características e corrixía algúns erros e omisións da anterior teoría. Con todo, das ecuacións desprendíase o decaemento do protón. Isto levou a algúns famosos experimentos para detectar este efecto: pero como o tempo de vida dun protón é moi longo, da orde de 1031 anos, non é posible observar a partícula o tempo abondo como para presenciar a descomposición. Por contra, quizais o efecto podería ser observado se se examinan suficientes protóns. Algúns intentos de medición coñecidos realizáronse en piscinas subterráneas (para protexer o experimento de radiacións) de grandes dimensións, nas que o decaemento do protón sería visualizado como un escintileo nunha serie de fotosensores.

[editar] Véxase tamén


aa - ab - af - ak - als - am - an - ang - ar - arc - as - ast - av - ay - az - ba - bar - bat_smg - bcl - be - be_x_old - bg - bh - bi - bm - bn - bo - bpy - br - bs - bug - bxr - ca - cbk_zam - cdo - ce - ceb - ch - cho - chr - chy - co - cr - crh - cs - csb - cu - cv - cy - da - de - diq - dsb - dv - dz - ee - el - eml - en - eo - es - et - eu - ext - fa - ff - fi - fiu_vro - fj - fo - fr - frp - fur - fy - ga - gan - gd - gl - glk - gn - got - gu - gv - ha - hak - haw - he - hi - hif - ho - hr - hsb - ht - hu - hy - hz - ia - id - ie - ig - ii - ik - ilo - io - is - it - iu - ja - jbo - jv - ka - kaa - kab - kg - ki - kj - kk - kl - km - kn - ko - kr - ks - ksh - ku - kv - kw - ky - la - lad - lb - lbe - lg - li - lij - lmo - ln - lo - lt - lv - map_bms - mdf - mg - mh - mi - mk - ml - mn - mo - mr - mt - mus - my - myv - mzn - na - nah - nap - nds - nds_nl - ne - new - ng - nl - nn - no - nov - nrm - nv - ny - oc - om - or - os - pa - pag - pam - pap - pdc - pi - pih - pl - pms - ps - pt - qu - quality - rm - rmy - rn - ro - roa_rup - roa_tara - ru - rw - sa - sah - sc - scn - sco - sd - se - sg - sh - si - simple - sk - sl - sm - sn - so - sr - srn - ss - st - stq - su - sv - sw - szl - ta - te - tet - tg - th - ti - tk - tl - tlh - tn - to - tpi - tr - ts - tt - tum - tw - ty - udm - ug - uk - ur - uz - ve - vec - vi - vls - vo - wa - war - wo - wuu - xal - xh - yi - yo - za - zea - zh - zh_classical - zh_min_nan - zh_yue - zu -