See also ebooksgratis.com: no banners, no cookies, totally FREE.

CLASSICISTRANIERI HOME PAGE - YOUTUBE CHANNEL
Privacy Policy Cookie Policy Terms and Conditions
Teodosio I - Wikipedia

Teodosio I

Na Galipedia, a wikipedia en galego.

Retrato de Teodosio I
Retrato de Teodosio I

Teodosio I (Flavius Theodosius) (346-17 de xaneiro de 395) foi emperador romano e emperador bizantino de 379 a 395. Era fillo de Teodosio o Vello.

[editar] Biografía

De orixe hispana, dunha familia cristiá. O Bispo Hidacio e mailo historiador bizantino Zósimo concretan a súa orixe na Gallaecia, concretamente no lugar de Cauca.

Foi proclamado emperador en 379 por Graciano e recibiu o Oriente, a Macedonia e a Dacia. En 380, con Graciano, detiveron aos godos en Epiro e en Dalmacia. Teodosio instalou unha parte dos ostrogodos en Panonia, e el mesmo instalouse en Constantinopla.

O mesmo ano, adheriuse ao concilio de Nicea, converteuse no ardente defensor dos cristiáns e en Tesalónica, publicou o edicto seguinte: «Todos os pobos deben unirse á fe transmitida aos romanos polo apóstolo Pedro, a que recoñecen Dámaso e Pedro de Alexandría, é dicir, a Santa Trindade do Pai, do Fillo e do Espírito Santo». O catolicismo volvíase relixión do Estado.

Retrato do emperador sobre o missorium de Teodosio
Retrato do emperador sobre o missorium de Teodosio

Condenou o arianismo tras o segundo concilio ecuménico de Constantinopla en 381.

En 382, instalou aos visigodos en Mesia.

Entre 383 e 388, tivo que facer fronte á usurpación de Máximo (Magnus Clemens Maximus), que, tras ter derrotado a Graciano, se apoderara de toda a prefectura das Galias e ocupaba Roma e toda Italia en detrimento de Valentiniano II. Teodosio venceu a Máximo, que foi morto en Aquileia, en 388.

De 388 a 391, Teodosio estivo en Occidente, case sempre en Milán. En 390, publicou unha lei que castigaba coa morte aos homosexuais e reprimiu ferozmente unha revolta en Tesalónica. A represión causou de sete a dez mil mortos, segundo as fontes, cousa que lle valeu a Teodosio a excomuñón polo bispo Ambrosio de Milán. Cómpre indicar que os masacrados foron aquí maioritariamente romanos e os asasinos antigos bárbaros, poboacións nas que o exército era recrutado – cousa que pode explicar a amplitude do masacre.

Durante varios meses, Teodosio e Ambrosio camparon nas súas respectivas posicións. Despois Teodosio, notando que a súa se volvía insostíbel, aceptou vir se humillar ante Ambrosio para obter a súa reintegración á Igrexa. Esta é unha das raras vitorias desta sobre o poder temporal.

En 391, probabelmente baixo a influencia de santo Ambrosio, suprimiu as últimas manifestacións do paganismo «oficial» no Imperio (con todo, o culto sobreviviu na clandestinidade), fundando así o primeiro estado cristián ortodoxo. Isto valeulle o título de Grande.

Entre 392 e 394, reprimiu a usurpación de Uxío, un funcionario pagán que foi proclamado emperador tras o suicidio de Valentiniano II.

En 394, foi o autor do decreto que prohibía os Xogos Olímpicos acusados de difundir o paganismo.

Morreu pouco despois, o 17 de xaneiro de 395. Nesta data o Imperio está reunificado por primeira vez desde había trinta anos pero tamén por última vez na súa historia.

Do seu primeiro matrimonio con Aelia Flacilla, Teodosio tivera dous fillos: Augusto Arcadio en 383, e Honorio en 393. Dividiu entre eles o Imperio: Honorio (10 anos) recibiu o Occidente e Arcadio (18 anos) o Oriente, e encargou ao vándalo Estilicón de velar polos dous.

Teodosio cometeu o error de enrolar no exército romano continxentes de bárbaros permitíndolles unha organización autónoma; estes federados prepararon a ocupación do Imperio polos bárbaros.

[editar] Teodosio e o cristianismo

Os emperadores Teodosio, polo Imperio de Oriente e Graciano, polo Imperio de Occidente, os dous católicos, elevan o cristianismo ao rango de relixión única oficial e obrigatoria polo Edicto do 28 de febreiro de 380. O emperador Graciano cesa daquela de levar o título de «sumo pontífice» dos cultos pagáns. Este título será dado de novo ao bispo de Roma algúns séculos despois. Os templos pagáns son pechados e a estatua da deusa Vitoria é retirada da sala onde se reunía o Senado romano. En 393, Teodosio esmagou a usurpación do pagán Uxío que favorecía a antiga relixión romana e anulara as medidas tomadas por Teodosio. Esta data é considerada por algúns como o fin do mundo antigo.


Imperio Bizantino

Segue a:
Valentiniano II
Teodosio I
Precede a:
Arcadio
Dinastía Valentiniana-Teodosiana
Imperio Romano

Segue a:
Valentiniano II
Teodosio I
Precede a:
Honorio
Valentiniana-Teodosiana


aa - ab - af - ak - als - am - an - ang - ar - arc - as - ast - av - ay - az - ba - bar - bat_smg - bcl - be - be_x_old - bg - bh - bi - bm - bn - bo - bpy - br - bs - bug - bxr - ca - cbk_zam - cdo - ce - ceb - ch - cho - chr - chy - co - cr - crh - cs - csb - cu - cv - cy - da - de - diq - dsb - dv - dz - ee - el - eml - en - eo - es - et - eu - ext - fa - ff - fi - fiu_vro - fj - fo - fr - frp - fur - fy - ga - gan - gd - gl - glk - gn - got - gu - gv - ha - hak - haw - he - hi - hif - ho - hr - hsb - ht - hu - hy - hz - ia - id - ie - ig - ii - ik - ilo - io - is - it - iu - ja - jbo - jv - ka - kaa - kab - kg - ki - kj - kk - kl - km - kn - ko - kr - ks - ksh - ku - kv - kw - ky - la - lad - lb - lbe - lg - li - lij - lmo - ln - lo - lt - lv - map_bms - mdf - mg - mh - mi - mk - ml - mn - mo - mr - mt - mus - my - myv - mzn - na - nah - nap - nds - nds_nl - ne - new - ng - nl - nn - no - nov - nrm - nv - ny - oc - om - or - os - pa - pag - pam - pap - pdc - pi - pih - pl - pms - ps - pt - qu - quality - rm - rmy - rn - ro - roa_rup - roa_tara - ru - rw - sa - sah - sc - scn - sco - sd - se - sg - sh - si - simple - sk - sl - sm - sn - so - sr - srn - ss - st - stq - su - sv - sw - szl - ta - te - tet - tg - th - ti - tk - tl - tlh - tn - to - tpi - tr - ts - tt - tum - tw - ty - udm - ug - uk - ur - uz - ve - vec - vi - vls - vo - wa - war - wo - wuu - xal - xh - yi - yo - za - zea - zh - zh_classical - zh_min_nan - zh_yue - zu -