See also ebooksgratis.com: no banners, no cookies, totally FREE.

CLASSICISTRANIERI HOME PAGE - YOUTUBE CHANNEL
Privacy Policy Cookie Policy Terms and Conditions
Sonata Arctica - Wikipedia

Sonata Arctica

Na Galipedia, a wikipedia en galego.

Sonata Arctica

{{{caption}}}
Información
Orixe Kemi
País Finlandia
Período 1996 - actualidade
Xénero(s) Power Metal
Selo(s) discográfico(s) Spinefarm Records
Nuclear Blast
Membros Tony Kakko
Jani Liimatainen
Marko Paasikoski
Tommy Portimo
Henrik Klingenberg
Antigos membros Mikko Harkin
Janne Kivilahti
Pentti Peura
Web oficial http://www.sonataarctica.info/

Sonata Arctica é unha banda de Power Metal finlandesa, da cidade de Kemi, formada en 1996 baixo o nome Tricky Beans, que despois trocou a Tricky Means, e finalmente a Sonata Arctica, en 1999.

Índice

[editar] Biografía

A banda fundouse baixo o nome de Tricky Beans e nos seus comezos tocaban cancións fortemente influenzadas polo xénero do rock and roll, que non tiñan moito que ver co seu actual estilo, o power metal. Ó comezo da súa carreira, grabaron 3 demos, que nunca se enviaron a selo discográfico ningún - Friend 'till The End, Agre Pamppers e PeaceMaker.

En 1997 o nome da banda trocou a Tricky Means, e dende aquela ata 1999 o seu estilo foi cambiando e finalmente tivo un drástico troco, adquirindo forte énfasis nas melodías de teclado e confiando nunha liña claramente distinguíbel do baixo e da guitarra. O vocalista Tony Kakko desenvolveu un estilo propio para cantar, o cal básase no falsete e nas voces de tenor.

En 1999, a banda entrou ós estudios para grabar unha demo titulada Fullmoon, que compoñera Tony Kakko, o guitarrista Jani Liimatainen, o baixista Janne Kivilahti e o batería Tommy Portimo. A demo foi enviada ó selo Spinefarm e a banda trocou o seu nome a Sonata Arctica. Un contrato de grabación chegou pouco despois.

A banda finlandesa Sonata Arctica
A banda finlandesa Sonata Arctica

Máis tarde, ese ano, lanzouse en Finlandia o primeiro single do grupo, titulado UnOpened, que marcou un grande impacto, entrando nos 20 máis vendidos na súa primeira semana tras saír á venda. Bastante pronto a banda pechara varios contratos con selos alrededor do mundo, con vistas ó lanzamento do seu álbum debut. Ó disco chamóuselle Ecliptica, lanzado a finais de 1999 e tivo un lanzamento mundial, obtendo delirantes críticas por parte da prensa especializada. Tony Kakko decidiu entón concentrarse no canto e comezou a procurar un novo teclista para a banda: Mikko Harkin (antes en Kenziner) foi, eventualmente, invitado a encher aquel posto.

A comezos do 2000, Sonata Arctica foi elixida a banda para telonear ós xa consagrados Stratovarius a través da súa xira por Europa. Janne Kivilahti marchouse da banda e foi reemplazado por Marko Paasikoski, un dos fundadores de Tricky Beans. Dende finais do 2000 ata o 2001, a banda traballou na composición e grabación do seu seguinte disco, Silence, que foi lanzado en xuño de 2001. Unha extensa xira seguiuno, realizando unha serie de concertos a través de toda Europa (xunto con Gamma Ray) e Xapón. No 2002 Sonata Arctica fixo a súa primeira incursión en América, realizando shows en Brasil e Chile. Dacordo con algúns dos músicos da banda, esa foi unha das súas mellores xiras ata o momento - sendo a outra a xira en Xapón no 2003-. Un álbum en vivo titulado Songs Of Silence foi tamén lanzado ese mismo ano.

A finais do 2002, o teclista Mikko Harkin deixou a banda debido a razóns personais. Así, o seu tercer álbum - Winterheart's Guild - grabouse coa axuda do afamado Jens Johansson, teclista de Stratovarius, quen grabou as pistas de teclado con Tony Kakko. O teclista Henrik Klingenberg uniuse á banda, e neste tempo tomaron parte dunha xira para promocionar o seu novo álbum. Na maioría dos concertos as entradas esgotáronse.

Co fin do seu contrato co selo Spinefarm, a banda recibiu invitacións da maioría dos selos discográficos de Europa, e eventualmente elixiron Nuclear Blast. A comezos do 2004, a banda foi elixida como telonera para a xira en Xapón de Iron Maiden. En marzo dese mesmo ano, Tommy Portimo convertiuse en pai; a súa esposa tivo unha nena. Reckoning Night foi grabado en tres meses e lanzado en outubro. Ambos, o single e o EP deste lanzamento, permanecieron no Top dos máis escoitados en Finlandia durante 6 semanas. Unha xira promocional veu a continuación, porén Sonata Arctica recibiu unha invitación da popular banda Nightwish, para que se lles uniran na súa xira a través de Europa, polo cal fixeron un troco de planes. Os concertos nos que participaron tiveron unha audiencia de ata dez mil personas.

[editar] Membros

[editar] Membros Actuais

  • Tony Kakko: voces e teclado.
  • Tommy Portimo: batería.
  • Marko Paasikoski: baixo.
  • Henrik Klingenberg: teclados en directo.
  • Elias Viljanen: guitarra.

[editar] Antigos membros

  • Jani Liimatainen: guitarra.
  • Mikko Harkin: teclados)
  • Janne Kivilahti: baixo
  • Pentti Peura: baixo

[editar] Discografía

[editar] Álbumes

[editar] Mini-Álbums

[editar] Sinxelos

  • "UnOpened" (1999)
  • "Wolf & Raven" (2001)
  • "Last Drop Falls" (2001)
  • "Victoria's Secret" (2003)
  • "Broken" (2003)
  • "Don't say a word" (2004)

[editar] Recopilatorios

  • The End of This Chapter - 2005

[editar] Ligazóns externas


aa - ab - af - ak - als - am - an - ang - ar - arc - as - ast - av - ay - az - ba - bar - bat_smg - bcl - be - be_x_old - bg - bh - bi - bm - bn - bo - bpy - br - bs - bug - bxr - ca - cbk_zam - cdo - ce - ceb - ch - cho - chr - chy - co - cr - crh - cs - csb - cu - cv - cy - da - de - diq - dsb - dv - dz - ee - el - eml - en - eo - es - et - eu - ext - fa - ff - fi - fiu_vro - fj - fo - fr - frp - fur - fy - ga - gan - gd - gl - glk - gn - got - gu - gv - ha - hak - haw - he - hi - hif - ho - hr - hsb - ht - hu - hy - hz - ia - id - ie - ig - ii - ik - ilo - io - is - it - iu - ja - jbo - jv - ka - kaa - kab - kg - ki - kj - kk - kl - km - kn - ko - kr - ks - ksh - ku - kv - kw - ky - la - lad - lb - lbe - lg - li - lij - lmo - ln - lo - lt - lv - map_bms - mdf - mg - mh - mi - mk - ml - mn - mo - mr - mt - mus - my - myv - mzn - na - nah - nap - nds - nds_nl - ne - new - ng - nl - nn - no - nov - nrm - nv - ny - oc - om - or - os - pa - pag - pam - pap - pdc - pi - pih - pl - pms - ps - pt - qu - quality - rm - rmy - rn - ro - roa_rup - roa_tara - ru - rw - sa - sah - sc - scn - sco - sd - se - sg - sh - si - simple - sk - sl - sm - sn - so - sr - srn - ss - st - stq - su - sv - sw - szl - ta - te - tet - tg - th - ti - tk - tl - tlh - tn - to - tpi - tr - ts - tt - tum - tw - ty - udm - ug - uk - ur - uz - ve - vec - vi - vls - vo - wa - war - wo - wuu - xal - xh - yi - yo - za - zea - zh - zh_classical - zh_min_nan - zh_yue - zu -