Silván, Benuza
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Silván é un núcleo de poboación do concello de Benuza, na Comarca da Cabreira, no suroeste de León e como todo o concello de Benuza forma parte do Consello Comarcal do Bierzo. En 2001 tiña 216 habitantes distribuídos en cinco barrios: Santiago, La Peña, Fresnedo, Prosillo e Los Nogales. As principais actividades económicas son a agricultura, a gandería e as canteiras de lousa.