See also ebooksgratis.com: no banners, no cookies, totally FREE.

CLASSICISTRANIERI HOME PAGE - YOUTUBE CHANNEL
Privacy Policy Cookie Policy Terms and Conditions
Shari'a - شريعة - Wikipedia

Shari'a - شريعة

Na Galipedia, a wikipedia en galego.

Xaría (Árabe شريعة tamén grafado Sharia, Shari'a, Shariah, Charia ou Syariah), a lei islámica.

No Islam, ao contrario da situación na cultura occidental, non hai unha separazón entre a relixión e mailo dereito. Todas as leis son relixiosas e baseadas ou nas escrituras sagradas ou nas opinións de líderes relixiosos.

O Corán é a máis importante fonte da xurisprudencia islámica (fiqh), sendo a segunda a Sunna (Vida e camiños do profeta). Non é posíbel practicar o Islam sen consultar ambos. A partir da Suna, relacionada mais non a mesma, ven a Ahadith (narracións do profeta). Unha hadith é unha narrazón acerca da vida do profeta ou o que el aprobaba - ao paso que a Sunna é a súa propria vida en si. Como se dixo, as súas principais fontes son o Corán e a Hadith, mais o ixma, o consenso da comunidade, tamén foi aceite como unha fonte menor. Qiyas, o raciocinio por analoxía, foi usado polos estudiosos da lei/relixión islámica (Muxtahidun) para lidar con situacións onde as fontes sagradas non providencian regras concretas. As practicas chamadas Charía teñen tamén algunhas raices nos costumes locais (Al-urf).

A xurisprudencia islámica chámase fiqh e está dividida en dúas partes: o estudo das fontes e metodoloxía (usul al-fiqh - raíces da lei) e as regras prácticas (furu' al-fiqh - ramos da lei).

(Ver sección sobre Ernest Gellner e Interpretación Sociolóxica en Islam por Ernest Gellner)

Índice

[editar] Leis de alimentación

Ao comer carne, os musulmáns poden apenas comer carne que foi abatida en nome de Deus, e que corresponde a requirimentos dietéticos estritos. Tal carne é chamada pura, ou halal. A lei islámica proíbe aos musulmáns comer carne de porco, macaco, can, gato, caisquer carnívoros e outros tipos de animais, unha vez que son haram (prohibidos). Para a carne dun animal ser halal (legal) ela ten de ser dun dos animais halal, ten de ser abatida por un musulmán, e o animal non pode ser morto por meios cruéis ou prolongados. O animal é morto polo corte da vea xugular, que o torna inmediatamente inconsciente. Alguns teólogos musulmáns determinaron que o animal non ten de ser morto por un musulmán, mais pode ser abatido por un xudeo desde que respeite as regras alimenticias. Desta forma, alguns musulmáns aceitan a carne kosher (preparada de acordo coa lei xudaica) como halal.

[editar] O papel da muller no Islam

O Islam non proíbe as mulleres de traballar, mais coloca énfase na importancia da muller en tomar conta da casa e da familia. En teoría, a lei islámica permite que unha esposa se divorcie ao dicir "eu divorciome" tres veces en público. Na práctica, o divorcio é máis complicado do que iso.

Normalmente, a muller divorciada fica co dote de cando casou, se é que houbo algún e recebe un subsidio ata á idade de desmamar, altura en que a crianza pode retornar ao seu pai se for considerado mellor.

O Islam non prohíbe as mulleres traballar, mais as mulleres non poden ser sacerdotes ou sabios relixiosos. Moitas interpretacións da lei islámica sustentan que as mulleres non poden ter empregos importantes, e están por iso prohibidas de traballar no goberno. Esta visión ten sido corrente ata hoxe.

En moitos países musulmáns, as mulleres teñen un estatuto legal inferior ao dos homes. Na Arabia Saudita, por exemplo, non están autorizadas a conducir automóveis.

[editar] Código de vestimenta

O Corán tamén exixe un código de vestimenta aos seus seguidores. Para as mulleres, o Islam recomenda a modéstia sen recomendar abertamente o cobrir de algunha parte; os homes teñen un código de vestimenta máis relaxado. Os cuadris deben ser cobertos desde o xoello ata á cintura. A lóxica por trás destas regras é que os homes e mulleres non deben ser vistos como obxectos sexuais.

Na práctica, porén, en moitos países islámicos son os homes quen dictan aquilo que as mulleres se lles permite usar. A violación destas regras nalgunhas nacións musulmás pode resultar en espancamentos.

Algunhas mulleres islámicas son vistas como oprimidas polos homes por causa destes códigos de vestimenta. Mais, algunhas mulleres preferen este código por motivos relixiosos. Unha das vestimentas que as mulleres están obrigadas a usar é a hixab (da cal o veo é un componente). A palabra hixab deriva da palabra árabe hixaba que significa "esconder da vista", "ocultar". Hixab significa cobrir a cabeza tal como o corpo.

[editar] Violencia Doméstica

Moitos musulmáns argumentan que o Corán permite ao home bater na muller. O verso en causa usa un termo ambiguo: daraba ضرب, que asume o significado "bater" (outros significados da palabra que son coñecidos son "ir aínda que" [1].) Yusuf Alí traduz o verso así: "Canto a aquelas mulleres polas cais vostedes temen a deslealdade e mau comportamento, advirtan-nas (primeiro), (a seguir) recusen partillar a cama con elas, (e por fín) batanlles (levemente) (Corán 4:34.)

Este comportamento é severamente depreciado en varias hadith: "Como é que algún de vós bate na muller como bate no garañón camelo e despois a abraza (e dorme con ela) ? (Al-Bukhari, English Translation, vol. 8, Hadith 68, pp. 42-43), "Eu fui ao apóstolo de Alá e perguntei-lle: O que vostede di (comanda) acerca das nosas mulleres ? El respondeu: Dailles comida que teríeis para vós mesmos, e vestimenta que vós mesmos usais, e non as batais nen insulteis. (Sunan Abu-Dawud, Book 11, Marriaxe (Kitab Al-Nika), Number 2139)."

Os fuqaha (académicos relixiosos) xeralmente achan que bater na muller é errado. porén, moitos dicen que é permitido batélas levemente. Nesta última categoría atopase o Sheikh Muhammad Kamal Mustafa, o iman da mesquita da cidade de Fuengirola, España, que escrebeu no seu libro 'A muller no Islam':

"O espancamento [da muller] nunca debe ser en furia cega e exaxerada de xeito que se eviten danos serios... É prohibido baterlle nas partes sensibeis do corpo, tais como a cara, peito, abdome e cabeza. En vez diso, deberá baterselles nos brazos e nas pernas, " usando unha "vara que non debe ser ríxida mais fina e leve de modo a non deixar feridas, cicatrices ou nódoas. " Da mesma forma, os golpes "non deben ser fortes." [2]

Afirma que en tais situacións, o obxectivo do espancamento deberá ser causar á muller algunha dor emocional, sen a humillar ou magoála fisicamente. De acordo con el, os espancamentos deben ser o último recurso do cal o marido se debe facer uso para punir a muller.

O Sheikh Yusuf al-Qaradawi, líder do Consello Europeo para Fatwa e Pesquisa, argumenta que bater na muller sen provocar dor é permisible: "É permisible para el baterlle levemente coas máns, evitando a cara e outras partes sensibeis. En caso nengun el deberá recorrer a un pau ou calquer outro instrumento ue posa causar dor ou danos. "

O Dr. Muhammad Al-Haxx, profesor de fé islámica na Universidade da Xordania (Amman) afirma: "Espancamentos duros son aqueles que deixan marcas no corpo ou na face. Deste modo, bater na face é prohibido, porque a face é unha combinación dos aspectos da beleza, como é costume dicir. É prohibido bater na face, é prohibido ministrar golpes que deixen fracturas ou feridas, isto é o que os nosos sabios diseron nos seus libros."

En moitos países musulmáns hai matanzas relativamente frecuentes por motivos de honra. A razón apontada para as matanzas por motivos de honra é a crenza de que a muller teña causado ao clá ou á familia unha suposta "perda de honra" e por iso a muller "merece" ser morta.

Os ensinos islámicos din que a vida é concedida por Alá e non deben ser tomada levemente, mais permite o punimento severo, incluindo a pena capital, para alguns tipos de crime. Estes incluen, segundo interpretacións estrictas, todas as relacións sexuais extramatrimoniais, ben polo home ou pola muller.

A interpretación e aplicación das leis ralativas ao casamento e á castidade teñen variado nos diferentes lugares e tempos.

[editar] Circuncisión

A Circuncisión masculina comprende a extirpación do prepucio e é tradición na maioría das comunidades musulmanas. Faise en diferentes idades, en diferentes culturas.

A eufemisticamente chamada Circuncisión feminina non é unha práctica común na totalidade do Islam mais é practicada por musulmáns e tamén por non-musulmáns no leste da África, no vale do Nilo, ben como en partes da Península Arábica. Nestas áreas, o costume é anterior ao Islam. Moitos musulmáns africanos consideran que a circuncisión feminina é requirida polo Islam, a pesar de que tal costume non se menciona no Corán e non existe nengunha hadith que a autorice.

[editar] Días de descanso, feriados

Venres é o día máis importante da semana para os musulmáns. É considerado que actos de devoción practicados neste día auferen unha maior recompensa.

Os musulmáns non acreditan porén que este día deva ser visto como o Sabbath, pois os musulmáns rexeitan a crenza de que Deus teña descansado despois da Criación. Os crentes frecuentan a reza congregacional na mesquita, rezan e ouven o sermán do Iman.

A data das festividades islámicas é determinada polo Calendario Islámico lunar. Este calendario non corrixe o feito do ano lunar non corresponder ao ano solar. Deste modo, os meses islámicos retroceden a cada ano que pasa; eles mudanse en relación ao Calendario Gregoriano.

Ramadán - Nono més do calendario islámico é un més inteiro de observancia de xexun durante as horas do día (nacer do sol ao por do sol).
Festexos do fín do xexún (Eid-ul-Fitr), ou festa pequena (al-Eid saghir)- ocorre na conclusión do Ramadón e é tida no primeiro día do més de Shawwal.
A grande festa, (Eid-ul-Adha), tamén "A festa do sacrificio" (Kurban Bayram) - dous meses e 10 días despois da pequena festa. Animais son abatidos para comemorar o sacrificio de Abrahán dun carneiro en vez do seu fillo Ismael. Aqueles que están aptos a facer a peregrinación a Meca fanna inmediatamente antes desta data, na Haxx.
Achura - O décimo día do més de Muharron. Este é o día en que Deus salvou Moisés e os Xudeos do Faraón no Exipto e en que el atravesou o Mar Vermello (o día do Éxodo). Dizse que o profeta Mahoma xexuou xuntamente coas comunidades xudaicas viciñas nesta ocasión, e de acordo con narracións, Mahoma fixo planos para o xexun no 9º e 10º días de Muharron. É tamén o día en que o neto de Mahoma, Husayn bin Alí, foi morto na Batalla de Karbala. Para os musulmáns xiitas, este é un día de luto. Moitos musulmáns sunitas tamén comemoran o evento, a pesar do faceren nunha forma ben menos dramática do que os xiitas. A comemorazón deste día é ollada con desdén polos fundamentalistas (sunitas).
O ano novo musulmán - non é xeralmente celebrado como un feriado oficial islámico, a pesar de moitas comunidades teren inventado ou despertado algunha especie de ritual de celebrazón. Esta celebrazón é rexeitada polos fundamentalistas.
O aniversario do Profeta (Al-Mawlidu M-Nabawi Sh-Sharif) - Alguns sabios musulmáns consideron este feriado unha inovación na relixión, unha vez que o proprio Mahoma non o celebraba, excepto polo xexun. Este feriado é prohibido polo movimento islamista (Islam fundamentalista). Algunhas nacións árabes tais como a Arabia Saudita proíben os musulmáns de celebrar este feriado.

[editar] Apóstatas musulmáns

Nalgunhas interpretacións do Estado islámico, a conversión de musulmáns a outras relixións está prohibida e chámase apostasía (como en tódalas demais). Na teoloxía musulmana, a apostasía corresponde a un crime de traizón, a traizón ó seu propio país. O castigo inclúe o ostracismo ou mesmo a pena capital, en caso de que sexan habitantes ou teñan vivido nun "Estado Islámico" e foren considerados inimigos do estado. Unha persoa que se teña convertido a outra relixión cumprirá unha pena.

Algunhas persoas afirman que os musulmáns que se converteron ao cristianismo poden estar en risco. Ver calquera das obras de Ibn Warraq, que afirma ser un ex-musulmán.

[editar] Ver tamén

Atención!!! Atención: Este artigo precisa un traballo de revisión.

Por favor vexa a lista de Artigos con problemas e mellóreo de acordo coas indicacións que aparecen nesa páxina. Cando os problemas se resolvan retire esta mensaxe e borre a páxina da lista de artigos con problemas, pero por favor non quite esta mensaxe ata que estea todo solucionado.


aa - ab - af - ak - als - am - an - ang - ar - arc - as - ast - av - ay - az - ba - bar - bat_smg - bcl - be - be_x_old - bg - bh - bi - bm - bn - bo - bpy - br - bs - bug - bxr - ca - cbk_zam - cdo - ce - ceb - ch - cho - chr - chy - co - cr - crh - cs - csb - cu - cv - cy - da - de - diq - dsb - dv - dz - ee - el - eml - en - eo - es - et - eu - ext - fa - ff - fi - fiu_vro - fj - fo - fr - frp - fur - fy - ga - gan - gd - gl - glk - gn - got - gu - gv - ha - hak - haw - he - hi - hif - ho - hr - hsb - ht - hu - hy - hz - ia - id - ie - ig - ii - ik - ilo - io - is - it - iu - ja - jbo - jv - ka - kaa - kab - kg - ki - kj - kk - kl - km - kn - ko - kr - ks - ksh - ku - kv - kw - ky - la - lad - lb - lbe - lg - li - lij - lmo - ln - lo - lt - lv - map_bms - mdf - mg - mh - mi - mk - ml - mn - mo - mr - mt - mus - my - myv - mzn - na - nah - nap - nds - nds_nl - ne - new - ng - nl - nn - no - nov - nrm - nv - ny - oc - om - or - os - pa - pag - pam - pap - pdc - pi - pih - pl - pms - ps - pt - qu - quality - rm - rmy - rn - ro - roa_rup - roa_tara - ru - rw - sa - sah - sc - scn - sco - sd - se - sg - sh - si - simple - sk - sl - sm - sn - so - sr - srn - ss - st - stq - su - sv - sw - szl - ta - te - tet - tg - th - ti - tk - tl - tlh - tn - to - tpi - tr - ts - tt - tum - tw - ty - udm - ug - uk - ur - uz - ve - vec - vi - vls - vo - wa - war - wo - wuu - xal - xh - yi - yo - za - zea - zh - zh_classical - zh_min_nan - zh_yue - zu -