Selección nacional de fútbol de Hungría
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Hungría | |||||||||||||||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
|
|||||||||||||||||||||||||||||||||
|
|||||||||||||||||||||||||||||||||
Asociación | Magyar Labdarúgó Szövetség | ||||||||||||||||||||||||||||||||
Código FIFA: | HUN | ||||||||||||||||||||||||||||||||
Alcume: | Non ten. | ||||||||||||||||||||||||||||||||
Seleccionador | Péter Várhidi | ||||||||||||||||||||||||||||||||
Récord de partidos | József Bozsik (101) | ||||||||||||||||||||||||||||||||
Máximo goleador | Ferenc Puskás (84) | ||||||||||||||||||||||||||||||||
Estrea internacional Austria 5 - 0 Hungría Viena, Austria; 12 de outubro de 1902 |
|||||||||||||||||||||||||||||||||
Maior victoria Rusia 0 - 12 Hungría Rusia; 14 de xullo de 1912 |
|||||||||||||||||||||||||||||||||
Maior derrota Hungría 0 - 7 Inglaterra Budapest, Hungría; 10 de xuño de 1908 Alemaña 7 - 0 Hungría |
|||||||||||||||||||||||||||||||||
Campionato do Mundo | |||||||||||||||||||||||||||||||||
Participacións | 9 (a primeira en 1934) | ||||||||||||||||||||||||||||||||
Mellor resultado | Finalista, 1938 e 1954 | ||||||||||||||||||||||||||||||||
Eurocopa | |||||||||||||||||||||||||||||||||
Participacións | 2 (a primeira en 1964) | ||||||||||||||||||||||||||||||||
Mellor resultado | 3º lugar en 1964 |
A selección nacional de fútbol de Hungría está controlada pola Federación Húngara de Fútbol. Hungría foi unha das primeiras seleccións relevantes na historia do fútbol europeo, chegando ó seu máximo nivel na época do "Equipo de ouro"
Índice |
[editar] O equipo de Ouro
Hungría é recoñecida por ser un dos equipos de máis calidade e que máis influencia tiveron na historia do fútbol. Tal vez esta escadra sexa a inventora de moitos aspectos do xogo tal como se desenrola hoxe en día. O "Aranycsapat" (Equipo de Ouro, en húngaro) estaba baseado na súa dianteira formada por Ferenc Puskás, Sándor Kocsis, József Bozsik, Nándor Hidegkuti e Zoltán Czibor. O propio Rinus Michels ten comentado que o Equipo de Ouro foi o primeiro en practicar o "Fútbol Total" que fixo popular Holanda nos anos 70. O adestrador húngaro, Gusztáv Sebes chamaba ao seu estilo de xogo Futbol socialista. Entre o 4 de xuño de 1950 e a final do mundial de 1954 conseguiron o record de 43 vitorias e 7 empates, con memorables partidos coma o que os enfrontou á selección inglesa no estado de Wembley onde gañaron por 3-6, sendo a vez primeira que Inglaterra era derrotada na súa propia casa. Asímesmo ten a máxima distincion da clasificación ELO de Fútbol con 2173 puntos en xuño de 1954 e o segundo posto con 2153 no ano 1956. Sobrepasan a equipos coma Brasil, Inglaterra,Alemaña ou Italia.
Hungría foi dúas veces finalista nos mundiais, en 1938, perdendo coa Italia por 4-2 e no ano 1954 coa Alemaña por 3-2. A este encontro se lle chama O milagre de Berna xa que na primeira fase os húngaros derrotaran aos alemáns por 8-3. Houbo moita polémica debido a un gol anulado a Puskas no minuto 89 por un máis que discutible fóra de xogo. No tempo de lecer Sándor Kocsis foi derrubado dentro da área xermana e o árbitro non sinalou nada. Ao remata-lo encontro houbo sospeitas de dopaxe sobre o equipo alemán, debido á incríble forma física que mostraron ao longo do partido. Nunca se puido probar nada, só quedaron as sospeitas que se incrementaron cando despois da final moitos xogadores xermanos tiveron que ser enviados a casas de repouso.
Por outra banda Hungría gañou o ouro olímpico en tres ocasións 1952, 1964 e 1968. Tamén o equipo Sub-23 gañou o Campionato Europeo en 1974.
[editar] Records
O encontro entre Austria e Hungría en Viena en 1902 foi o primeiro encontro internacional xogado entre dous países non británicos.
Hungría foi o primeiro equipo en vencer a Inglaterra na casa, coa famosa vitoria por 3-6 no estadio de Wembley o 25 de novembro de 1953. Una ano despois, en Budapest os húngaros gañarían de novo, esta vez por 7-1. Segue a ser a peor derrota sufrida pola selección inglesa.
Ostentan o record de encontros internacionais imbatidos (33), entre o 14 de maio e o 4 de xullo de 1954.
[editar] Na actualidade
Hoxe, Hungría é un equipo menor no panorama internacional, non entrando nun mundial dende 1986 e nunha eurocopa dende 1972.
[editar] Nos Mundiais
- 1930 - Non participou
- 1934 - Cuartos de final
- 1938 - Subcampións
- 1950 - Non participou
- 1954 - Subcampións
- 1958 - Primeira rolda
- 1962 - Cuartos de final
- 1966 - Cuartos de final
- 1970 - Non se clasificou
- 1974 - Non se clasificou
- 1978 - Primeira rolda
- 1982 - Primeira rolda
- 1986 - Primeira rolda
- 1990 to 2006 - Non se clasificou
[editar] Nas Eurocopas
- 1960 - Non se clasificou
- 1964 - 3º posto
- 1968 - Non se clasificou
- 1972 - 4º posto
- 1976 a 2004 - Non se clasificou
[editar] Xogadores Famosos
- Flórián Albert
- Ferenc Bene
- József Bozsik
- Zoltán Czibor
- Lajos Détári
- Gyula Grosics
- Nándor Hidegkuti
- Sándor Kocsis
- Kálmán Kovács
- Ladislao Kubala
- Kálmán Mészöly
- István Nyers
- Tibor Nyilasi
- György Orth
- Ferenc Puskás
- György Sárosi
- Alfréd Schaffer
- Imre Schlosser
- Lajos Tichy
- Gyula Zsengellér
- Gábor Király