Mundial de Fútbol Brasil 1950
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
O cuarto campionato celebrouse no Brasil, un dos países neutrais na Segunda Guerra Mundial. Cita célebre por varios acontecementos: Foi a primeira participación de Inglaterra nunha copa do mundo. Rexeitaran participar nas anteriores por considerarse moi superiores ó resto dos equipos. Foron derrotados polos equipos de España e Estados Unidos, facendo unha máis que decepcionante actuación. O máis lembrado deste mundial foi o encontro decisivo entre Brasil e Uruguai. Ós brasileiros chégaballes con empatar para gaña-lo trofeo, máis caeron por 2 a 1. Ghiggia anotou o tanto que daba a Uruguai o seu segundo campionato do mundo. O brasileiro Ademir foi o máximo goleador do torneo.