Rolla
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
A rolla procede da cortiza da sobreira e úsase para selar recipientes. A rolla coa que se pechan as botellas pode ser de tres tipos:
- maciza: todo o material da rolla está formado por unha soa peza de cortiza;
- de aglomerado ou triturado: a rolla tén forma cilíndrica pero está conformada de anacos diferenciables de tamaño visible pegados entre si;
- de virutado ou de febra: o material é uniforme en cor e textura áspera e está composto de pequenas astelas case indiferenciables;
Existen tamén unha rollas artificiais de imitación, confeccionadas de escuma industrial e rodeados dunha capa plástica brillante cun debuxo copiando ás auténticas. Hai outras rollas mixtas reutilizables que se utilizan domesticamente para pechar sempre o mesmo tipo de bebida: constan dunha parte de cortiza con cabeza cónica ou redondeada para facilitar a entrada na boca da botella e cun disco plástico de maior diámetro no outro extremo para que non esvare ó interior do recipiente e para coller a rolla máis comodamente. Os líquidos que pecha poden ser: viño, cava, champaña, licorcafé e outros licores, normalmente de baixa gradación.