See also ebooksgratis.com: no banners, no cookies, totally FREE.

CLASSICISTRANIERI HOME PAGE - YOUTUBE CHANNEL
Privacy Policy Cookie Policy Terms and Conditions
Ricardo Carvalho Calero - Wikipedia

Ricardo Carvalho Calero

Na Galipedia, a wikipedia en galego.

Ricardo Carvalho Calero (Ferrol, 30 de outubro de 1910Compostela, 25 de marzo de 1990) foi un filólogo e escritor galego, o primeiro Catedrático de Língua e literatura Galegas, considerado o gran pensador do reintegracionismo.

Índice

[editar] Biografía

Tras cursar os seus primeiros estudos no Colexio Comellas, tendo coma titor ó escritor Manuel Comellas[1], cursa por libre o bacharelato e transládase a Compostela en 1926 para estudar Dereito e Filosofía e Letras e cumprir co servizo militar. Aquí entrou en contacto co galeguismo e cos movementos culturais da altura, nomeadamente co Seminario de Estudos Galegos. Foi este un momento de intensa militancia política de Carvalho, integrado no movimento nacionalista e tomando parte no activismo estudiantil na Federación Universitaria Escolar, da que chega a ser presidente. En 1931 participou na creación do Partido Galeguista e contribúe ao Anteproxecto de Estatuto de Galiza. En 1933 a 1936 volta a Ferrol e gaña a praza de auxiliar administrativo no Concello da cidade, e casa con María Ignacia Ramos, licenciada en historia e compañeira de estudos universitarios.

Nestes anos Carvalho Calero contribuíu con numerosas colaboracións ás máis destacadas revistas literarias (A Nosa Terra, Nós, Guión, Galiza, Resol, Universitarios, Papel de Color) e principiou a publicación dos seus libros poéticos, primeiro en español e despois en galego.

Estudou por libre a carreira de Filosofía e Letras, licenciándose en 1936 pola Universidade de Santiago de Compostela, participando ao mesmo tempo activamente no movemento galeguista tanto a nivel local como nacional, sendo nomeado presidente do partido en Ferrol.

O Alzamento Nacional sorprendeuno en Madrid no momento en que concorría ás probas para profesor de instituto en Lingua e Literatura Española. Carvalho posicionouse co bando republicano, entrando en combate como miliciano no batallón Félix Bárzana da FETE-UGT, o sindicato no que Calero militaba, co grao de tenente e participou na defensa de Madrid. Unha vez terminado o conflito, foi condenado en consello de guerra a 12 anos por separatista e recluído no cárcere de Xaén. En 1941 saíu en liberdade provisional e regresou á súa cidade natal. Imposibilitado para exercer a función pública, refuxiouse no ensino privado (entre 1950 e 1965 no Colexio Fingoi de Lugo), no que exerceu como "conselleiro delegado", pois non estaba autorizado para ser director.

Restableceu os contactos cos galeguistas que ficaran no país, moi especialmente con Francisco Fernández del Riego, con quen mantivera correspondencia desde o cárcere. Paralelamente ao seu labor docente, desenvolveu nestes anos un importantísimo traballo investigador —iniciado coa súa tese de doutoramento, "Aportaciones a la literatura gallega contemporánea" (1955, premio extraordinario) — que tivo como fruto máis valioso a publicación en 1963 da Historia da literatura galega contemporánea. Foi membro da Real Academia Galega a partir de 1958. En 1965 autorizóuselle a exercer o ensino público como agregado de instituto no Liceo Rosalía de Castro, de Santiago, ao tempo que comeza a impartir aulas de galego na universidade. Por fin, en 1972 obtivo por oposición a recén creada cátedra de Lingüística e Literatura Galega. Os estudos de Carvalho atinxiron igualmente a lingua. Recollendo a herdanza dos autores do Primeiro Rexurdimento e os traballos do profesor Manuel Rodrigues Lapa, Carvalho Calero, preocupado pola coherencia histórico-lingüística do galego a pesar da férrea oposición que encontrou no camiño, mostrouse defensor das teses etimoloxistas que terían continuidade no movimento reintegracionista, feito que lle custaría ser marxinado nos últimos anos da súa vida. Así mesmo, desenvolvería un amplo labor como editor dos clásicos. Xubilouse en 1980 mais mantivo a súa actividade creadora e seguiu colaborando con diversas asociacións. En 1987 obtivo o Premio da Crítica de narrativa galega pola súa novela Scórpio.

[editar] Obra

[editar] Poesía

  • Trinitarias, 1928 (en castelán)
  • Vieiros, 1931
  • La soledad confusa, 1932
  • O silencio axionllado, 1934
  • Anxo da terra, 1950
  • Poemas pendurados dun cabelo 1952
  • Calteiro de Fingoi, 1961

Colectáneas:

  • Pretérito Imperfeito, 1980
  • Futuro condicional, 1982
  • Cantigas de amigo e outros poemas, 1986
  • Reticências, 1990

[editar] Teatro

  • Catro pezas (contén: A sombra de Orfeo, Farsa das zocas, A arbre, Auto do prisioneiro), 1971
  • Teatro Completo, 1982

[editar] Narrativa

  • Xente da Barreira, 1950
  • Scórpio, 1987

[editar] Ensaio

  • História da Literatura Galega Contemporánea, 1963 (reedicións en 1975 e 1976)
  • Sete poemas galegos, 1955
  • Versos iñorados e ou esquecidos de Eduardo Pondal, 1961
  • Gramática elemental del gallego común, 1966
  • Brevario antológico de la literatura gallega contemporánea, 1966
  • Edición de Cantares gallegos de Rosalía de Castro, 1969
  • Libros e autores galegos: dos trovadores a Valle Inclán, 1970
  • Sobre lingua e literatura galega, 1971
  • Particularidades morfológicas del lenguaje de Rosalía de Castro, 1972
  • Poesías de Rosalía de Castro, con L.Fontoira Surís, 1972
  • Estudos rosalianos, 1977
  • Problemas da Língua Galega, 1981
  • Da Fala e da Escrita, 1983
  • Letras Galegas, 1984
  • Escritos sobre Castelao, 1989
  • Do Galego e da Galiza, 1990 (Póstumo)
  • Umha voz na Galiza, 1992 (Póstumo) ISBN: 8478241531

[editar] Véxase tamén

[editar] Referencias

  1. http://www.agal-gz.org/modules.php?name=Sections&op=viewarticle&artid=5


aa - ab - af - ak - als - am - an - ang - ar - arc - as - ast - av - ay - az - ba - bar - bat_smg - bcl - be - be_x_old - bg - bh - bi - bm - bn - bo - bpy - br - bs - bug - bxr - ca - cbk_zam - cdo - ce - ceb - ch - cho - chr - chy - co - cr - crh - cs - csb - cu - cv - cy - da - de - diq - dsb - dv - dz - ee - el - eml - en - eo - es - et - eu - ext - fa - ff - fi - fiu_vro - fj - fo - fr - frp - fur - fy - ga - gan - gd - gl - glk - gn - got - gu - gv - ha - hak - haw - he - hi - hif - ho - hr - hsb - ht - hu - hy - hz - ia - id - ie - ig - ii - ik - ilo - io - is - it - iu - ja - jbo - jv - ka - kaa - kab - kg - ki - kj - kk - kl - km - kn - ko - kr - ks - ksh - ku - kv - kw - ky - la - lad - lb - lbe - lg - li - lij - lmo - ln - lo - lt - lv - map_bms - mdf - mg - mh - mi - mk - ml - mn - mo - mr - mt - mus - my - myv - mzn - na - nah - nap - nds - nds_nl - ne - new - ng - nl - nn - no - nov - nrm - nv - ny - oc - om - or - os - pa - pag - pam - pap - pdc - pi - pih - pl - pms - ps - pt - qu - quality - rm - rmy - rn - ro - roa_rup - roa_tara - ru - rw - sa - sah - sc - scn - sco - sd - se - sg - sh - si - simple - sk - sl - sm - sn - so - sr - srn - ss - st - stq - su - sv - sw - szl - ta - te - tet - tg - th - ti - tk - tl - tlh - tn - to - tpi - tr - ts - tt - tum - tw - ty - udm - ug - uk - ur - uz - ve - vec - vi - vls - vo - wa - war - wo - wuu - xal - xh - yi - yo - za - zea - zh - zh_classical - zh_min_nan - zh_yue - zu -