See also ebooksgratis.com: no banners, no cookies, totally FREE.

CLASSICISTRANIERI HOME PAGE - YOUTUBE CHANNEL
Privacy Policy Cookie Policy Terms and Conditions
Raios gamma - Wikipedia

Raios gamma

Na Galipedia, a wikipedia en galego.


Image:Merge-arrows.gif Este artigo debe ser combinado con Radiación gamma

Radiación gamma ou raio gamma (γ) é un tipo de radiación electromagnética producida xeralmente por elementos radiactivos, procesos subatómicos como a aniquilación dun par positrón-electrón. Este tipo de radiación tan enerxética tamén se produce en fenómenos astrofísicos de grande violencia. A enerxía deste tipo de radiación é medida en Megaelectrón-voltios (MeV).

Debido ás altas enerxías que posúen, os raios gamma constitúen un tipo de radiación ionizante capaz de penetrar na materia máis profundamente que a radiación alfa ou beta. Debido á súa elevada enerxía, poden causar danos no núcleo das células, por iso son usados para esterilizar equipamentos médicos e alimentos.

Os raios gamma son producidos no paso dun electrón dun nivel excitado para outro de menor enerxía e, na desintegración de isótopos radiactivos. Están xeralmente asociados coa enerxía nuclear e cos reactores nucleares. A radiactividade encóntrase no noso medio natural, desde os raios cósmicos que bombardean a Terra que veñen do Sol e das Galaxias de fora do noso sistema solar, ata algúns isótopos radiactivos que forman parte do noso medio natural.

Os raios gamma producidos no espazo non chegan á superficie da Terra, pois son absorbidos na parte máis alta da atmosfera. Para observar o universo nestas frecuencias, é necesaria a utilización de balóns de grande altitude ou observatorios espaciais. En ambos casos utilízase o efecto Compton para detectar os raios gamma. Estes raios son producidos en fenómenos astrofísicos de alta enerxía como en explosións de supernovas ou núcleos de galaxias activas.

En astrofísica denomínanse erupcións de raios gamma (Gamma Ray Bursts) as fontes de raios gamma que duran algúns segundos ou algunhas poucas horas, seguidas por un brillo decrecente da fonte en raios X. Ocorren en posicións aleatorias do ceo e a súa orixe permanece aínda baixo discusión científica. En todo caso parecen constituír os fenómenos máis enerxéticos do universo.

A radiación gamma é usada nos exames da medicina nuclear, especialmente nas Tomografías por Emisión de Positróns (PET) ou TEP.

[editar] Véxase tamén


aa - ab - af - ak - als - am - an - ang - ar - arc - as - ast - av - ay - az - ba - bar - bat_smg - bcl - be - be_x_old - bg - bh - bi - bm - bn - bo - bpy - br - bs - bug - bxr - ca - cbk_zam - cdo - ce - ceb - ch - cho - chr - chy - co - cr - crh - cs - csb - cu - cv - cy - da - de - diq - dsb - dv - dz - ee - el - eml - en - eo - es - et - eu - ext - fa - ff - fi - fiu_vro - fj - fo - fr - frp - fur - fy - ga - gan - gd - gl - glk - gn - got - gu - gv - ha - hak - haw - he - hi - hif - ho - hr - hsb - ht - hu - hy - hz - ia - id - ie - ig - ii - ik - ilo - io - is - it - iu - ja - jbo - jv - ka - kaa - kab - kg - ki - kj - kk - kl - km - kn - ko - kr - ks - ksh - ku - kv - kw - ky - la - lad - lb - lbe - lg - li - lij - lmo - ln - lo - lt - lv - map_bms - mdf - mg - mh - mi - mk - ml - mn - mo - mr - mt - mus - my - myv - mzn - na - nah - nap - nds - nds_nl - ne - new - ng - nl - nn - no - nov - nrm - nv - ny - oc - om - or - os - pa - pag - pam - pap - pdc - pi - pih - pl - pms - ps - pt - qu - quality - rm - rmy - rn - ro - roa_rup - roa_tara - ru - rw - sa - sah - sc - scn - sco - sd - se - sg - sh - si - simple - sk - sl - sm - sn - so - sr - srn - ss - st - stq - su - sv - sw - szl - ta - te - tet - tg - th - ti - tk - tl - tlh - tn - to - tpi - tr - ts - tt - tum - tw - ty - udm - ug - uk - ur - uz - ve - vec - vi - vls - vo - wa - war - wo - wuu - xal - xh - yi - yo - za - zea - zh - zh_classical - zh_min_nan - zh_yue - zu -