Raiatea
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Raiatea (en tahitiano Ra´iatea) é unha das illas de Sotavento do arquipélago das illas da Sociedade, na Polinesia Francesa. Está situada a 210 km ao oeste de Tahití, entre Huahine, que se atopa a 40 km, e Bora Bora.
[editar] Xeografía
Cunha superficie total de 238 km² é a segunda illa máis grande do arquipélago, logo de Tahití. A coroa de escollos rodea ao mesmo tempo as illas de Raiatea e Tahaa compartindo a mesma lagoa. A altitude máxima é de 1.017 m. no monte Tefatoaiti. Na cadea montañosa da illa, Temehani, atópase unha flor única, endémica e símbolo da illa, a tiare apetahi. Trátase dunha gardenia branca de cinco pétalos en forma de man que se abre de madrugada cun ruído característico.
A poboación total era de 16.438 habitantes no censo do 2002, distribuída en tres comunas: Uturoa (a capital), Taputapuatea e Tumara´a. Uturoa é, ademais, a capital administrativa das illas de Sotavento e o segundo centro urbano da Polinesia Francesa, logo de Papeete.
[editar] Historia
Antigamente a illa chamábase Havai´i, nome sacro na cultura polinesia e relacionado cos nomes de Hawaii; Savai'i, en Samoa; e Havaiki, antigo nome de Fakarava nas Tuamotu. Situada no centro do triángulo cultural da Polinesia, foi o punto de partida da última onda migratoria, notablemente a Nova Zelandia e Hawaii. Nas illas da Sociedade exerceu unha grande influencia relixiosa e cultural. O gran templo (en tahitiano marae) de Taputapuatea, dedicado ao deus Oro, era o centro relixioso máis importante das illas. O seu culto suplantó a outros deuses tradicionais como Taaroa e Tane, e os diferentes marae eran subsidiarios do de Taputapuatea. Ao redor seu formouse a seita arioi, mestura relixiosa, aristocrática, guerreira e festiva, que era respectada en todas as illas e conseguía, só coa súa presenza e o seu carácter de tabú, unha tregua nas guerras tribais.
Raiatea foi explorada polo inglés James Cook en 1769, que transcribió o seu nome como Ulietea, nome que foi utilizado durante anos. O nome Raiatea, ou Rangiatea, significa «ceo luminoso». Para Domingo Bonaechea (1775) foi A Princesa. Hoxe en día coñécella co sobrenome de «a illa sacra».