See also ebooksgratis.com: no banners, no cookies, totally FREE.

CLASSICISTRANIERI HOME PAGE - YOUTUBE CHANNEL
Privacy Policy Cookie Policy Terms and Conditions
Principado de Salerno - Wikipedia

Principado de Salerno

Na Galipedia, a wikipedia en galego.

O Principado de Salerno foi un principado longobardo do sur da península itálica nado o ano 851.

[editar] Historia

A península italiana polo ano 1000.
A península italiana polo ano 1000.

O ano 839 morre o príncipe de Benevento Sicardo. O xefe do exército Radelchis (Radelchis) apoderouse do poder e proclamouse no seu lugar. O irmán e herdeiro de Sicardo, Siconulfo, foi encarcerado enTarento, porén foi rescatado por barcos de Amalfi e levado a Salerno, onde foi proclamado príncipe. Inmediatamente iniciouse unha guerra civil que iría durar dez anos. Coa intervención do emperador do Occidente Luís II o Xermánico (847) decidiuse pola división do principado en dous, con sedes en Benevento e Salerno respectivamente. En 849 o rei de Italia oficializou a división.

O recén creado principado de Salerno tiña como principais cidades Salerno, Tarento, Cassano, Cosenza, Paestum, Conza, Sarno, Cimitile (Nola), Capua, Teano e Sora. A súa proximidade ao mar Adriático e os seus numerosos portos converteron o principado nun poderoso territorio marítimo. Os primeiros anos do principado serían convulsivos até a chegada ao poder de Gaiferos, que nun reinado de 19 anos, estabilizou o país. En pouco tempo o principado de Salerno superou o de Benevento. Durante este período creouse unha nova división territorial. O Principado de Capua tornouse independente creando o seu propio principado. Tecnicamente Salerno era dependente do Imperio Occidental, porén na práctica era un territorio independente, chegando mesmo a manter acordos cos sarracenos. Guaifero foi deposto pelo seu fillo Guaimaro I. Este rompeu as alianzas cos sarracenos e aproximouse do emperador occidental Carlos o Calvo primeiro e co emperador bizantino Basilio I despois (887), chegando a recibir deste "devandito" o título de patricio.

O seguinte gobernante, Guaimaro II, levou o principado de Salerno a uns momentos álxidos. Tomou parte na batalla de Garigliano contra os musulmás o 915. O fillo de Guaimaro, Xisulfo I, tivo que superar unha tentativa de invasión de Xoán III de Nápoles e Landulfo II de Benevento. Posteriormente saíu en defensa de Pandulfo Testa de Ferro, que era príncipe de Capua e Benevento. Ao morrer sen descendentes decidiu entregar o principado a Landulfo. Entre 978 e 983 Salerno foi gobernado por príncipes de fora das casas de Capua e Amalfi. Neste último ano subiu ao poder Xoán, da casa de Spoleto. Con el e os seus sucesores o principado viviu un último período de esplendor. O seu fillo Guaimaro III tivo que enfrontar os ataques sarracenos, porén contou coa axuda de mercenarios normandos. Após o seu reinado floreceu a Schola Medica Salernitana.

Guaimaro IV uniu o seu principado co de Capua. Despois, coa axuda de Conrado II, emperador romano xermánico estendeu os seus dominios sobre as cidade-estado de Gaeta, Nápoles e Amalfi. O fillo de Conrado, Henrique III, sucesor seu, expulsou a Guaimaro de Capua o 1047 para limitar o seu poder. Aos poucos Salerno foi declinando. En 1077 o último príncipe longobardo Xisulfo foi derrotado pelo normando Robert Guiscard, duque de Puglia. Salerno deixou de ser a capital dun próspero principado independente para pasar a ser a capital do ducado de Puglia, Calabria e Sicilia.

[editar] Príncipes de Salerno


[editar] Ver tamén

Longobardia Minor.


aa - ab - af - ak - als - am - an - ang - ar - arc - as - ast - av - ay - az - ba - bar - bat_smg - bcl - be - be_x_old - bg - bh - bi - bm - bn - bo - bpy - br - bs - bug - bxr - ca - cbk_zam - cdo - ce - ceb - ch - cho - chr - chy - co - cr - crh - cs - csb - cu - cv - cy - da - de - diq - dsb - dv - dz - ee - el - eml - en - eo - es - et - eu - ext - fa - ff - fi - fiu_vro - fj - fo - fr - frp - fur - fy - ga - gan - gd - gl - glk - gn - got - gu - gv - ha - hak - haw - he - hi - hif - ho - hr - hsb - ht - hu - hy - hz - ia - id - ie - ig - ii - ik - ilo - io - is - it - iu - ja - jbo - jv - ka - kaa - kab - kg - ki - kj - kk - kl - km - kn - ko - kr - ks - ksh - ku - kv - kw - ky - la - lad - lb - lbe - lg - li - lij - lmo - ln - lo - lt - lv - map_bms - mdf - mg - mh - mi - mk - ml - mn - mo - mr - mt - mus - my - myv - mzn - na - nah - nap - nds - nds_nl - ne - new - ng - nl - nn - no - nov - nrm - nv - ny - oc - om - or - os - pa - pag - pam - pap - pdc - pi - pih - pl - pms - ps - pt - qu - quality - rm - rmy - rn - ro - roa_rup - roa_tara - ru - rw - sa - sah - sc - scn - sco - sd - se - sg - sh - si - simple - sk - sl - sm - sn - so - sr - srn - ss - st - stq - su - sv - sw - szl - ta - te - tet - tg - th - ti - tk - tl - tlh - tn - to - tpi - tr - ts - tt - tum - tw - ty - udm - ug - uk - ur - uz - ve - vec - vi - vls - vo - wa - war - wo - wuu - xal - xh - yi - yo - za - zea - zh - zh_classical - zh_min_nan - zh_yue - zu -