Xisulfo I de Salerno
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Xisulfo I (maio de 930 – 977 ou 978) foi príncipe longobardo de Salerno do 946 ao 977 (ou 978).
Era o fillo máis vello de Guaimaro II e da segunda muller Gaitelgrima de Capua, foi asociado ao trono polo pai no 943 e sucedeuno á súa morte no 946. Nun primeiro momento puxérono baixo a rexencia dan ai e de Prisco, tesoureiro e conde de palacio.
No 946 o Principado foi tomado ao asalto por Landulfo II de Benevento e Xoán III de Nápoles, pero os eu aliado Mastalo de Amalfi corre una súa axuda e fixo caer nunha emboscada ás tropas de Landulfo preto de La Cava. O ano seguinte aliouse con Landulfo e cercou a cidade de Nola, presidio do ducado napolitano. En outubro do 953 tentou calmar as relacións co dominio partenopeo redactando un diploma a favor do bispo de Nápoles, un xesto que cadraba mal coa diplomacia sen escrúpulos dos seus veciños e que por isto non pareceu favorecelo nunca. Pouco despois, o 955, con todo, foi nomeado patricio por Mariano Argyros, strategós bizantino de Bari. En outono do 966 o papa Xoán XIII guiou un exército de tropas romanas, toscanas e spoletinas contra Landulfo III de Benevento e o dos eu irmán Pandulfo Testa de Ferro, pero Xisulfo acudiu na súa axuda e o choque armado esconxurouse. O papa e o príncipe de Salerno firmaron un tratado de paz en Terracina. Foi esteo acto que más adiante lle gañou a axuda do potente Testa de Ferro.
No 974 Xisulfo foi destronado por unha insurrección relixiosa guiada polo irmán Landulfo. O príncipe de Benevento e Capua, Pandulfo I Testa de Ferro, restaurou a Xisulfo como vasalo seu, condición na que o príncipe salernitano ficou ata a súa morte, sucedida entre finais de 977 e principios de 978. Con el extinguiuse a dinastía dos Dauféridas, asentada no trono de Salerno co príncipe Gaiferos no 861. Xisulfo, casado coa princesa Xemma, non tivo herdeiros e o seu trono herdouno Pandulfo de Benevento e Capua, que deste modo reunificou, por primeira e última vez desde 851, os territorios da antiga Langobardia Minor.