Praza de María Pita
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
A Praza de María Pita atópase no kilómetro cero da cidade da Coruña, xa que nela se ubica o Concello.
A praza chamábase antigamente Praza de Alesón e foi proxectada a mediados do século XIX co fin de resolver o paso da cidade vella a Pescadería.
Forma un gran rectángulo de máis de dez mil metros cadrados, nun de cuxos frontes atoparse o Pazo do Concello, rodeada polas outras tres partes por edificios porticados e culminados cunhas espléndidas galerías típicas da arquitectura galega.
O Pazo do Concello data de principios do século XX. A súa ostentosa fachada ten tres torreóns que están rematados por enormes cúpulas. No corpo central hai unha balconada de ferro forxado, adornada con motivos florais.
O entorno complétase coa estatua a María Pita, que preside a praza mirando hacia o Pazo do Concello. A súa realización e colocación na praza é relativamente recente.
Baixo os soportais dos edificios atópanse diferentes locais de hostalaría coma bares, cafeterías e restaurantes. No exterior destes soportais existen actualmente unhas terrazas pechadas e acristaladas para a utilización destes locais que levantaron moita polémica na súa colocación polo impacto estético que supón a súa presenza para o entorno monumental da praza.
[editar] Véxase tamén
[editar] Bibliografía
- Martínez Suárez, Xosé Lois (1993), A praza de María Pita, Vigo. Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia. ISBN 84-85665-23-6.