Pontevedra Club de Fútbol
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Nome completo | Pontevedra Club de Fútbol S.A.D. | ||||||||||||||||||||||||||||||||
Alcume(s) | Pontevedriña | ||||||||||||||||||||||||||||||||
Fundación | 1941 | ||||||||||||||||||||||||||||||||
Nome do estadio | Estadio Municipal de Pasarón | ||||||||||||||||||||||||||||||||
Inauguración | 1956 | ||||||||||||||||||||||||||||||||
Capacidade | 8000 persoas | ||||||||||||||||||||||||||||||||
Presidente | Nino Mirón | ||||||||||||||||||||||||||||||||
Adestrador | Rafa Sáez | ||||||||||||||||||||||||||||||||
Liga | Segunda B | ||||||||||||||||||||||||||||||||
Temp. 2007-2008 | 2º | ||||||||||||||||||||||||||||||||
Marca da camiseta | bemiser | ||||||||||||||||||||||||||||||||
Publicidade da camiseta | Deputación Pontevedra | ||||||||||||||||||||||||||||||||
Páxina web oficial | |||||||||||||||||||||||||||||||||
|
O Pontevedra Clube de Fútbol é un clube de fútbol de España, da cidade de Pontevedra en Pontevedra. Foi fundado en 1941 e actualmente xoga no grupo I da segunda división B da Liga española de fútbol.
Índice |
[editar] Historia
O 16 de outubro de 1941 fundouse o Pontevedra Club de Fútbol grazas á unión dos dous clubes máis importantes daquela época da cidade, o Eiriña e o Alfonso C.F. O Paseo das Palmeiras foi testigo deste acordo histórico. O seu primeiro presidente foi Fernando Ponte Conde. O seu debut na primeira división foi na tempada 63-64. A época dourada na primeira división é coñecida como a do Hai Que Roelo, debido á dificultade que tiñan os equipos rivais para gañar ós granates no campo de Pasarón.
O 23 de xaneiro de 2007 o club conseguíu culminar con éxito o proceso de transformación voluntaria en Sociedade Anónima Deportiva, en boa parte pola mediación do seu presidente, Nino Mirón, que se fixo co 52% das accións do club no último momento.
[editar] Uniforme
- Uniforme titular: Camisola granate, pantalón azul, medias granates.
- Uniforme alternativo: Camisola gris, pantalón gris, medias azuis.
[editar] Estadio
O Estadio Municipal de Pasarón foi inaugurado en 1956. As súas medidas son 105x66 metros. Albergaba a 16.500 personas, pero na actualidade, debido ó seu proceso de reformas, caben 8.000. Malia as reformas do ano 1982 co gallo da Copa do Mundo, o estadio estaba demasiado vello despois de 50 anos. Está proxectado que trala reforma dea acollida a 12.500 persoas, todas elas sentadas.
[editar] Mascota
A mascota actual é Roelio, unha especie de óso andante vestido co uniforme titular do equipo. Esta mascota é unha homenaxe ó alcume do equipo na época en que estaba en primeira división, o Hai que Roelo.
[editar] Himno
Escoitar [1]
Existe tamén unha versión rock coa mesma letra creada polo grupo Tucho e os granates con motivo da tempada 2003-2004 na que se conseguiu o ascenso a 2ª división. Escoitalo
[editar] Datos do club
- Tempadas en 1ª: 6
- Tempadas en 2ª: 9
- Tempadas en 2ªB: 26
- Tempadas en 3ª: 22
- Mellor posto na liga: 7º (1ª división tempada 1965-66)
- Peor posto na liga: 22º (2ª división tempada 2004-05)
- Antigos xogadores do Pontevedra CF: Manuel Canabal, Martín-Esperanza
[editar] Plantilla 2007/2008
|
|
[editar] Ligazóns externas
- Páxina oficial do club
- Foro Pontevedra C.F. (non-oficial)
- Wiki Pontevedra C.F.
Segunda División B Española |
---|
Grupo 1 - Grupo 2 - Grupo 3 - Grupo 4 |
Alcorcón | Celta B | Atlético de Madrid B | Lugo | Fuenlabrada | Lanzarote | Leganés | Ourense | Pontevedra | Pájara Playas | Rayo Vallecano Castilla | San Sebastián de los Reyes | Universidade das Palmas | Fuerteventura | Marino | Deportivo B | Santa Brígida | Vecindario | San Isidro |