Ignacio Martín-Esperanza
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Ignacio Martín-Esperanza Tejada, nado en Verín o 5 de xuño de 1936, é un ex-futbolista e adestrador galego.
Formado nas categorías inferiores do Real Madrid, onde chegou con 18 anos[1]. En 1960 ficha polo Betis, e debuta en primeira división o 11 de setembro, nun partido en que os béticos gañaron por 2-0 ao Real Mallorca. Despois de tres temporadas no Betis, ficha polo Pontevedra CF, onde xoga dende 1963 ata 1970 co equipo do "hai que roelo" seis temporadas na máxima categoría do fútbol español.
Como adestrador, ocupouse de dirixir entre outros o Portonovo S.D., o Algeciras CF (1978) e o UE Figueres (1980).
[editar] Notas
- ↑ Real Madrid, la leyenda blanca, web cunha listaxe de xogadores do Real Madrid.