See also ebooksgratis.com: no banners, no cookies, totally FREE.

CLASSICISTRANIERI HOME PAGE - YOUTUBE CHANNEL
Privacy Policy Cookie Policy Terms and Conditions
Pato sombrío - Wikipedia

Pato sombrío

Na Galipedia, a wikipedia en galego.

Pato sombrío
Estado de conservación
Pouco preocupante
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Clase: Aves
Orde: Anseriformes
Familia: Anatidae
Xénero: Anas
Nome científico
Anas rubripes
Coñeza toda a Bioloxía en Wikispecies, o directorio dos seres vivos

O pato sombrío (Anas rubripes) é un parrulo norteamericano de tamaño grande. Os patos sombríos hibridan facilmente cos lavancos, cos que están tan relacionados que algúns estudosos mesmo consideran á esta especie unha forma escura do lavanco. De tódolos xeitos a validez da capacidade de formar híbridos para delimitar as especies do xénero Anas e hoxe posta en dúbida (Mank et al. 2004).

Índice

[editar] Descrición

Os machos adultos teñen o bico amarelo, as patas alaranxadas, e o corpo escuro, coa cabeza e o pescozo máis claros. Os ollos son escuros. O dimorfismo sexual nesta especie non é moi marcado, e as femias adultas son moi semellantes ós machos. Ámbolos dous sexos teñen un espello azul púrpura brillante, ó que lle falta a beira branca característica dos lavancos, ós que semellan na voz e o comportamento.

[editar] Distribución e hábitat

Crían en lagos, estanques ríos, pantanos e outras áreas acuáticas do leste de Canadá (Grandes Lagos incluídos, e mos montes Adirondacks, do noroeste dos Estados Unidos.

É unha especie parcialmente migradora, e moitos exemplares pasan o inverno no centro leste dos Estados Unidos, especialmente en áreas de costa; outros pasan o ano enteiro na rexión dos Grande Lagos. Ocasionalmente aparecen en Gran Bretaña, malia que moitos avistamentos puideran te-la súa orixe en exemplares fuxidos da catividade. Nas illas Británicas adoitan cruzarse cos lavancos.

No pasado o pato sombrío e o lavanco estiveron separados polas súas preferencias á hora de escolleren os hábitats: a especie máis escura dominaba as zonas acuáticas dos bosques de Norteamérica, mentres que os lavancos se espallaban por zonas máis abertas e iluminadas, nas praderías e lagos abertos. A deforestación do leste e as plantacións de árbores en zonas de chaira, provocou a mestura das dúas especies e o incremento da hibridación ata chegar os altos niveles de arestora.(Johnsgard 1967). Os híbridos son difíciles de distinguir a simple vista, polo que non se coñece ben a dinámica dos cruzamentos. Estudios en catividade amosan que a hibridación segue a regra de Haldane, morrendo moitas femias híbridas antes chegaren á madureza sexual. (Kirby et al. 2004).

[editar] Alimentación e reprodución

Os patos sombríos obteñen o seu alimento en augas de pouca profundidade e pacendo na terra. A súa dieta componse basicamente de plantas, pero consumen tamén algúns moluscos e insectos acuáticos. Poñen entre 6 e 14 ovos de cor ante averdegada, que chocan durante uns 30 días.

Pato sombrío
Pato sombrío

[editar] Situación

O pato sombrío é unha peza de caza habitual, o que, malia non contarse aínda entre as especies ameazadas, está a provocar, xunta coa perda de hábitats, o lento declive da especie. Algúns coservacionistas sinalan tamén a hibridación e a competencia co lavanco como unha ameaza para a supervivencia da especie (Rhymer & Simberloff 1996, Rhymer 2006).

[editar] Véxase tamén

[editar] Referencias

  • Avise, John C.; Ankney, C. Davison & Nelson, William S. (1990): Mitochondrial Gene Trees and the Evolutionary Relationship of Mallard and Black Ducks. Evolution (journal) 44(4): 1109-1119.
  • Johnsgard, Paul A. (1967): Sympatry Changes and Hybridization Incidence in Mallards and Black Ducks. American Midland Naturalist 77(1): 51-63.
  • Kirby, Ronald E.; Sargeant, Glen A. & Shutler, Dave (2004): Haldane's rule and American black duck × mallard hybridization. Canadian Journal of Zoology 82(11): 1827–1831.
  • Mank, Judith E.; Carlson, John E. & Brittingham, Margaret C. (2004): A century of hybridization: Decreasing genetic distance between American black ducks and mallards. Conservation Genetics 5(3): 395–403.
  • Rhymer, Judith M. (2006): Extinction by hybridization and introgression in anatine ducks. Acta Zoologica Sinica 52(Supplement): 583–585. PDF fulltext
  • Rhymer, Judith M. & Simberloff, Daniel (1996): Extinction by hybridization and introgression. Annu. Rev. Ecol. Syst. 27: 83-109.

[editar] Ligazóns externas

Commons
Commons ten máis contidos multimedia sobre:


aa - ab - af - ak - als - am - an - ang - ar - arc - as - ast - av - ay - az - ba - bar - bat_smg - bcl - be - be_x_old - bg - bh - bi - bm - bn - bo - bpy - br - bs - bug - bxr - ca - cbk_zam - cdo - ce - ceb - ch - cho - chr - chy - co - cr - crh - cs - csb - cu - cv - cy - da - de - diq - dsb - dv - dz - ee - el - eml - en - eo - es - et - eu - ext - fa - ff - fi - fiu_vro - fj - fo - fr - frp - fur - fy - ga - gan - gd - gl - glk - gn - got - gu - gv - ha - hak - haw - he - hi - hif - ho - hr - hsb - ht - hu - hy - hz - ia - id - ie - ig - ii - ik - ilo - io - is - it - iu - ja - jbo - jv - ka - kaa - kab - kg - ki - kj - kk - kl - km - kn - ko - kr - ks - ksh - ku - kv - kw - ky - la - lad - lb - lbe - lg - li - lij - lmo - ln - lo - lt - lv - map_bms - mdf - mg - mh - mi - mk - ml - mn - mo - mr - mt - mus - my - myv - mzn - na - nah - nap - nds - nds_nl - ne - new - ng - nl - nn - no - nov - nrm - nv - ny - oc - om - or - os - pa - pag - pam - pap - pdc - pi - pih - pl - pms - ps - pt - qu - quality - rm - rmy - rn - ro - roa_rup - roa_tara - ru - rw - sa - sah - sc - scn - sco - sd - se - sg - sh - si - simple - sk - sl - sm - sn - so - sr - srn - ss - st - stq - su - sv - sw - szl - ta - te - tet - tg - th - ti - tk - tl - tlh - tn - to - tpi - tr - ts - tt - tum - tw - ty - udm - ug - uk - ur - uz - ve - vec - vi - vls - vo - wa - war - wo - wuu - xal - xh - yi - yo - za - zea - zh - zh_classical - zh_min_nan - zh_yue - zu -