See also ebooksgratis.com: no banners, no cookies, totally FREE.

CLASSICISTRANIERI HOME PAGE - YOUTUBE CHANNEL
Privacy Policy Cookie Policy Terms and Conditions
Pato rabilongo - Wikipedia

Pato rabilongo

Na Galipedia, a wikipedia en galego.

Pato rabilongo
Estado de conservación
Pouco preocupante
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Clase: Aves
Orde: Anseriformes
Familia: Anatidae
Xénero: Anas
Nome científico
Anas acuta
Coñeza toda a Bioloxía en Wikispecies, o directorio dos seres vivos

O pato rabilongo (Anas acuta) é unha ave de familia das anatidas (Anatidae) de distribución moi ampla

Índice

[editar] Descrición

É un parrulo relativamente grande. Os machos miden entre 65 e 75 cm., as femias entre 50 e 55. Pesan entre 700 e 1200 g. As alas teñen unha envergadura de ata 85 cm. A cola, que lle da o seu nome á especie, é longa e en forma de punta. Nos machos pode medir 10 cm. Teñen os ollos negros e o bico e as patas grises. Na época reprodutora o macho é inconfundible: ten o corpo gris pálido, o peito branco, a cabeza negra e o pescozo branco. As femias teñen a cola máis curta, coa gorxa branca. A plumaxe ten debuxos sobre un fondo marrón. Diferénciase das femias doutras especies de parrulos polo pescozo longo e o peteiro longo e gris. Fora da época de cría a plumaxe de femias e machos é semellante.

En verde claro, area de cría. En azul area de invernada. En verde escuro, residente todo o ano
En verde claro, area de cría. En azul area de invernada. En verde escuro, residente todo o ano

[editar] Distribución

Cría no hemisferio norte: norte de Europa e Asia, Canadá, Alasca e no Medio Oeste dos Estados Unidos É unha ave migratoria, que pasa o inverno en zonas ben ó sur da súa área de cría, chegando ata o Ecuador. Na época invernal é moi gregario e forma bandadas mesturado con outras especies.

É un parrulo de zonas húmidas abertas, como praderías húmidas e a tundra. Aliméntase principalmente de plantas, pero durante a estación de reprodutora come tamén insectos acuáticos, moluscos e crustáceos. Ás veces come plantas e sementes en campos cultivados.

[editar] Reprodución

A época de cría vai de abril a xullo. Maduran sexualmente ó ano de idade. Durante o cortexo non son raras as persecucións aéreas, nas que varios machos acosan unha femia. O seu niño, que constrúe a femia, é unha depresión non moi fonda no chan, ben agachada na vexetación, rodeada de plantas e cuberta de plumas interiores do parrulo. Fano en sitios enxoitos, en ocasións non moi preto na auga. Poñen de seis a doce ovos duns cinco cm. de longo, de cor, en xeral verde clara. Chócanos unhas tres semanas. Os polos poden voar cando teñen sete semanas.

[editar] Taxonomía

O seu vello nome científico era Dafila acuta. A especie Anas eatoni, con dúas subespecies: A. eatoni eatoni (das illas Kerguelen, e A. e. drygalskyi da illa de Crozet, foron consideradas antigamente subespecies do pato rabilongo. Nesta especie os machos non desenrolan completamente a plumaxe de gala.

[editar] Ameazas

Os perigos meirandes para a súa subsistencia son as enfermidades e a perda dos espazos húmidos causada pola urbanización, a polución e as plantas invasoras. ë unha das especies incluídas no "Acordo para a conservación das aves acuáticas migradoras de África e Eurasia"(AEWA).

[editar] Galería

Commons
Commons ten máis contidos multimedia sobre:


aa - ab - af - ak - als - am - an - ang - ar - arc - as - ast - av - ay - az - ba - bar - bat_smg - bcl - be - be_x_old - bg - bh - bi - bm - bn - bo - bpy - br - bs - bug - bxr - ca - cbk_zam - cdo - ce - ceb - ch - cho - chr - chy - co - cr - crh - cs - csb - cu - cv - cy - da - de - diq - dsb - dv - dz - ee - el - eml - en - eo - es - et - eu - ext - fa - ff - fi - fiu_vro - fj - fo - fr - frp - fur - fy - ga - gan - gd - gl - glk - gn - got - gu - gv - ha - hak - haw - he - hi - hif - ho - hr - hsb - ht - hu - hy - hz - ia - id - ie - ig - ii - ik - ilo - io - is - it - iu - ja - jbo - jv - ka - kaa - kab - kg - ki - kj - kk - kl - km - kn - ko - kr - ks - ksh - ku - kv - kw - ky - la - lad - lb - lbe - lg - li - lij - lmo - ln - lo - lt - lv - map_bms - mdf - mg - mh - mi - mk - ml - mn - mo - mr - mt - mus - my - myv - mzn - na - nah - nap - nds - nds_nl - ne - new - ng - nl - nn - no - nov - nrm - nv - ny - oc - om - or - os - pa - pag - pam - pap - pdc - pi - pih - pl - pms - ps - pt - qu - quality - rm - rmy - rn - ro - roa_rup - roa_tara - ru - rw - sa - sah - sc - scn - sco - sd - se - sg - sh - si - simple - sk - sl - sm - sn - so - sr - srn - ss - st - stq - su - sv - sw - szl - ta - te - tet - tg - th - ti - tk - tl - tlh - tn - to - tpi - tr - ts - tt - tum - tw - ty - udm - ug - uk - ur - uz - ve - vec - vi - vls - vo - wa - war - wo - wuu - xal - xh - yi - yo - za - zea - zh - zh_classical - zh_min_nan - zh_yue - zu -