Panxea
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Panxea (do grego, «tódalas terras») foi o nome dado por Alfred Wegener ó supercontinente rodeado polo mar Pantalasa, que existiu durante o período mesozoico , antes de que o proceso de placas tectónicas separase os continentes.
Ó final do proterozoico, a maior parte das terras emerxidas uníronse nun único continente, denominado Panxea I. Dende entón e durante o paleozoico inferior, Panxea I comezou a fragmentarse, orixinando un conxunto de masas continentais que durante o Paleozoico superior volveron a unirse nun só continente, denominado Panxea II.
[editar] Véxase tamén
- Xeoloxía
- Laurasia
- Gondwana
- Deriva continental