Os Espiñeiros, Allariz
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Os Espiñeiros | |||
---|---|---|---|
Situación da parroquia no concello | |||
Concello: | Allariz | ||
Poboación: | 123 hab. | ||
Superficie: | n/d | ||
Densidade: | n/d | ||
Altitude: | n/d | ||
Entidade(s): | 5 |
Pertencente ao arciprestádego de Allariz, diócese de Ourense, a parroquia de Os Espiñeiros é unha das dezaseis coas que conta o termo municipal de Allariz, e unha das máis ricas no que a patrimonio se refire, tanto civil como relixioso.
A cabeceira da parroquia localízase na aldea de San Breixo, a uns catro quilómetros e medio de Allariz. Outras catro poboacións máis conforman a parroquia: As Casas Novas (no límite co Concello de Xunqueira de Ambía), Rubiás, Santo Estevo e Vilar de Flores. Limita ademáis de co concello de Xunqueira de Ambía coas parroquias alaricanas de Folgoso, Meire e Augas Santas.
Índice |
[editar] Poboación
No ano 2006 a súa poboación segundo o INE era de 123 persoas, 57 homes e 66 mulleres. O seu núcleo máis poboado é Vilar de Flores, con 61 persoas.
[editar] Monumentos
[editar] Arquitectura Relixiosa
- Igrexa parroquial de San Breixo dos Espiñeiros
- Santuario e Oratorio de Santa María de Vilar de Flores
- Capela de Santo Estevo
[editar] Cruceiros
- Cruceiros (3) do Camiño Sacramental de Vilar de Flores
- Cruceiro de San Breixo dos Espiñeiros
[editar] Arquitectura Civil
- Aldea de Vilar de Flores
- Fonte-lavadoiro de San Breixo dos Espiñeiros
- Forno de Vilar de Flores
- Palcos (2) da música de Vilar de Flores
- Casa Rectoral de Espiñeiros
- Casa Rectoral de Vilar de Flores
- Hórreos de Santo Estevo
- Hórreos de Vilar de Flores
[editar] Restos Arqueolóxicos
- Necrópole das Muradellas en Vilar de Flores
[editar] Festas
- Romaría da Nosa Señora da Asunción de Vilar de Flores o 15 de Agosto