Orde Teutónica
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Orde Teutónica (tamén Orde dos Cabaleiros Teutóns, Cabaleiros Teutónicos do Hospital de Santa María de Xerusalén e Cabaleiros Hospitalarios, en alemán Deutscher Ritterorden). Orde medieval de carácter relixioso - militar fundada en Palestina no ano 1190 (Terceira Cruzada) durante o asedio da fortaleza de San Xoan de Acre. En 1198 convértese en orde militar.
Desde o século XIX a orde pervive como unha organización cristiá de carácter caritativo.
Índice |
[editar] Terra Santa
A Orde estaba formada por nobres alemáns e seguía o modelo da Orde do Amorne e da Orde de San Xoan de Xerusalén. Fundada na fortaleza de San Xoan de Acre (Palestina) no ano 1190 durante a Terceira Cruzada tras a toma de Xerusalén por Saladino. Orixinalmente foi soamente unha organización caritativa que axudaba aos peregrinos cristiáns, foi reorganizada como orde militar en 1192 e obtivo o recoñecemento oficial do papa Inocencio III en 1198.
Un século despois, en 1291, a toma de Acre polos Mamelucos obriga aos cruzados a retirarse de Terra Santa, impulsando á orde a reconsiderar a súa misión. Derrotados nas Cruzadas, os cabaleiros da Orde Teutónica trasladáronse a Transilvania ata a súa expulsión en 1225 polo rei Andrés II de Hungría.
[editar] Estado Teutónico
Nese momento a orde estableceuse, xa definitivamente en Prusia creando un Estado da Orde Teutónica independente, desde o que lanzaron campañas contra o Reino de Polonia, o Ducado de Lituania e contra outros pobos non cristianizados, proceso que se coñeceu como as Cruzadas Bálticas.
O Emperador Federico II Hohenstaufen outorgou aos teutóns todos os privilexios dos príncipes do Imperio, como o dereito de soberanía sobre os territorios conquistados.
A pesar dunha derrota fronte ao ruso Alexandre Nevski en 1242, a orde estende rapidamente o seu dominio sobre os países bálticos.
A partir do ano 1308 ocuparon o conxunto de Prusia estendéndose ata Estonia. Devandita conquista incluía as rexións bálticas de Pomerania, Curlandia, Letonia, Estonia e Danzig, cidade esta que estivo baixo o seu xugo ata 1454. A orde contaba ademais con posesións en diferentes puntos do Sacro Imperio Romano Xermánico.
Sufriron fronte ao rei Ladislao II de Polonia e os lituanos unha tremenda derrota na Batalla de Tannenberg en 1410, de modo que os territorios conseguidos pola Orde pasaron a mans polacas.
A finais do século XIV, a orde alcanza o apoxeo do seu poder.
Ao darse en Europa a Reforma Protestante, a Orde converteuse ao Luteranismo por medio do seu Gran Maestre.
[editar] Secularización de Prusia
A Orde foi suprimida na zona meridional do feudo e as súas terras secularizadas para crear o ducado de Prusia en 1525. A Orde perviviu vinculada aos Habsburgo, pero en 1809 Napoleón Bonaparte ordenou a súa disolución, polo que perderon boa parte dos seus bens seculares.
[editar] Véxase tamén
- Orde militar
- Cruz de Ferro
- Orde de Dobrin
- Irmáns Livonios da Espada
[editar] Enlaces externos
- Páxina da Orde en Alemaña (alemán)
- Páxina da Orde en Austria (alemán)
- Der Deutschordenspriester bis 1800 (alemán)