Ohm
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
O ohm, de símbolo Ω, galeguizado ás veces como ohmio, é unha unidade de medida de resistencia eléctrica. Corresponde á resistencia eléctrica que presenta un condutor percorrido por unha corrente de 1 amperio baixo unha tensión de 1 volt.
O nome desta unidade é unha homenaxe a George Simon Ohm (1787-1854), que descobriu relacións matemáticas extremamente simple que comprenden as dimensións dos condutores, definindo o concepto de resistencia elétrica e formulando a que pasou a ser chamada Lei de Ohm.