Océano Glaciar Ártico
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Os cinco océanos |
---|
Mar que se estende sobre a rexión boreal do globo, a cal está coberta en grande parte pola banquisa: 13 millóns de km². Os grandes fundos (a máis de 4000m) forman dúas cuncas separadas por unha longa crista submarina, a cadea de Lomonosov, que se prolonga da illa da Nova Zemla ata a Terra de Ellesmere. As costas escandinavas e rusas están precedidas por unha larga plataforma continental, ben máis estreita diante da América. A borda do océano glacial Ártico está repartida entre diversos mares secundarios, separados por arquipélagos costeiros; da Escandinavia á Rusia e á América sucédense: o Mar de Barents, o Mar de Kara, o Mar de Leptev, o Mar da Siberia Oriental, o Mar de Chukchoi e o Mar de Beufort, ao norte da América. Limitado por soleira de pequena profundidade, o océano glacial Ártico realiza pouquísimas trocas coas augas dos outros océanos. Baixo a banquisa, a masa de auga fría (0ºC) é pouco salgada (menos de 30%). A banquisa, cuxa superficie caótica se debe aos movimentos que a animan, ten unha espesura de 2 a 4 m; está afectada por unha deriva, da illa Wrangel ata o polo e o arquipélago de Svalbard. Os limites da banquisa, variabeis de acordo coas estacións, permiten, no verán, unha certa circulación marítima do Mar de Barents ao cabo Cheliuskin; a outras costas están cercadas de perto polos xelos.gl:Océano Ártico