No Logo
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
No Logo | ||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
|
||||||||||||||||||
|
No Logo: Taking Aim at the Brand Bullies é un libro da canadense Naomi Klein, publicado en inglés en 2000 por Knopf Canada.
Máis coñecido como No logo, é un ensaio que trata de analizar a influencia das marcas na sociedade actual. Comeza narrando a orixe e crecemento das grandes empresas que basean o seu negocio na imaxe de marca, e prosegue analizando os efectos en todo o mundo, desde o mercado de traballo, tanto no primeiro como no terceiro mundo, como o mercado de consumo. Explica as tácticas que as marcas seguen para expandirse e relata moitos actos de rebeldía xurdidos como resposta.
No primeiro mundo analiza fundamentalmente a situación en Norteamérica e Canadá e, en menor medida, en Europa occidental.
O enfoque é de crítica feroz ó comportamento das empresas.
[editar] Traducións ao galego
Non foi traducido ao galego.
[editar] Véxase tamén
[editar] Ligazóns externas
- www.nologo.org páxina oficial