Niccolò Machiavelli
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Niccolò Machiavelli (Nicolás Maquiavelo) (3 de maio 1469, Florencia - 21 de xuño 1527, Florencia) foi un famoso historiador, filósofo e político italiano da era do Renacemento. É o fundador do pensamento político moderno. Traballou como funcionario público da república florentina a partir de 1498. Coa fin da república (1512), Maquiavelo perde os cargos e é exilado. Entre as súas obras, sobresaen: O Príncipe (escrito durante o período do exilio), Historias florentinas, Os sete libros da arte da guerra, e outros traballos literarios.
Este autor, coa intención de crear un "manual da conduta" para o gobernante (Lourenzo de Médici), escribe "O Príncipe". Elaborado en 1513, é un libro polémico e revolucionario. É a obra-prima de Maquiavel.
Maquiavelo casou en 1502 con Marietta Corsini, con quen tivo catro fillos e dúas fillas.
[editar] Véxase tamén
[editar] Bibliografía
- Fortes Torres, Manuel A. (2006), Nicolás Maquiavelo, A Coruña: Baía Edicións. ISBN 978-84-96526-35-8.
[editar] Ligazóns externas