Nabateos
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Os nabateos (en árabe : الأنباط Al-Anbaat) eran un pobo comerciante, que ocupaban o Sur de Xordania e de Canaán, e o Norte de Arabia, cuxas poboacións nos oasis, na época de Flavio Xosefo, dou o nome de Nabatea á rexión entre Siria e Arabia e entre o río Éufrates e o mar Vermello.
A súa capital era a cidade troglodítica de Petra, cuxas ruínas se encontran hoxe ubicadas en territorio xordano.
O seu comercio desenrolábase, principalmente, entre os oasis, nos cales practicaban unha agricultura intensiva. Eses oasis eran etapas das rutas comerciais. As fronteiras de tal conxunto son difíceis de precisar.
O emperador romano Traxano submeteu aos nabateos definitivamente, incorporándoos ao Imperio, dentro do cal a súa cultura se foi difuminando e acabou por desaparecer.