Moulin Rouge
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Moulin Rouge | |
---|---|
Título orixinal | Moulin Rouge |
[[Imaxe:|200px| ]] |
|
Ficha técnica | |
Director | Baz Luhrmann |
Produtor | Baz Luhrmann Fred Baron Martin Brown |
Guión | Craig Pearce Baz Luhrmann |
Intérpretes | Ewan McGregor, Nicole Kidman, Jim Broadbent, Richard Roxburgh, John Leguizamo |
Música | Craig Armstrong |
Director de Fotografía | Donald McAlpine |
Montaxe | |
Distribuidor | 20th Century Fox |
Ano | 2001 |
Duración | 127 minutos |
País | Estados Unidos Australia |
Xénero | comedia musical |
Orzamento | 52 millóns de dólares |
Filme anterior | |
Filme seguinte | |
Ficha en IMDb |
Moulin Rouge é unha película musical de grande éxito, dirixida por Baz Luhrmann en 2001 que supuxo unha nova visión do xénero musical no cine e un grande acerto na carreira de Nicole Kidman e Ewan McGregor.
[editar] Argumento
A película está ambientada no París de 1900, onde a modernidade buscaba derrubar o pensamento convencional en todas as áreas (particularmente nas artes). O filme ten como tema principal o amor. Trata dun novo escritor bohemio que se namora dunha fermosa cortesá do cabaret Moulin Rouge. Unha noite, grazas ó azar e a unha serie de malos entendidos, o destino crúzaos. El namóraa coa súa poesía, ela enfeitízao coa luz que irradian os seus ollos. Voan. Pero todo termínase abruptamente, cando a doce Satine (Nicole Kidman) advirte a confusión: non era el o millonario duque ó que estaba predisposta a convencer para financiar unha obra de teatro. O novo escritor ofrécelle a ela amor verdadeiro, mentres que o rico nobre ofrécelle cumprir os seus soños de converterse nunha actriz lexítima.
[editar] Premios
Foi nominada a oito Premios Oscar, dos cales obtivo os dous primeiros:
- Mellor dirección artística
- Mellor deseño de vestiario
- Mellor película
- Mellor actriz
- Mellor cinematografía
- Mellor son
- Mellor maquillaxe
Ademais, obtivo os seguintes Globos de Ouro en 2002:
- Mellor actriz de comedia ou musical
- Mellor banda sonora
- Mellor película de comedia ou musical