Monte Teleno
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
O Teleno é una montaña do suroeste de León, que acada os 2.188 m. de altitude sobre o nivel do mar, sendo a cima máis elevada da cadea montañosa denominada montes de León. En sí o macizo montañoso do Teleno separa as comarcas leonesas da Maragatería e a Cabreira. Nunha das súas abas nace o río Duerna, o antigo Ornia.
Índice |
[editar] Historia
A uns 50 km de distancia do monte, en Quintana del Marco, entre os restos dunha villa romana, apareceu en 1899, a inscrición: Marti Tileno, con letras de ouro e sobre dunha placa de prata, cuxa segunda parte foi inmediatamente identificada como o nome latinizado do monte Teleno. O lugar estaría consagrado polos indíxenas a ese deus, que foi asimilado polos romanos a Marte. Unha segunda inscrición, con a divindade indicada como só Tilleno, apareceu, varios anos despois (1971), en Viloira, no concello do Barco de Valdeorras, Ourense, nas cercanías da igrexa parroquial. Neste caso, o dedicante era un tirón, é dicer, un soldado aínda bisoño. O Valdeorras formaba parte do convento xurídico asturicense naquela época, e aínda na actualidade forma parte da diocese de Astorga.
Cabe dicer en relación con a súa sacralidade, que os romanos recollían auga nas inmediacións da montaña, para conducila canalizada até os depósitos ou corgos sitos sobre As Médulas. Tales depósitos eran o almacén das augas que posteriormente se soltaban para derrubar os montes auríferos, o ben coñecido sistema de ruina montium.
[editar] Explotación
Durante anos o Teleno constituíu un campo balístico para probas da sección de artillaría con sede en Astorga.
[editar] Bibliografía
- Macías, Marcelo, Epigrafía romana de Astorga. Ourense. 1903
- Bouza Brey, Fermín, Ara a Tileno, de Viloira, in Cuadernos de Estudios Gallegos, 25, 1971.
- Blázquez, José María, Diccionario de las religiones prerromanas de Hispania. Madrid. 1975