Marte (deus)
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Este artigo trata sobre o deus romano da guerra, para outros artigos co mesmo nome, vexa Marte
Na mitoloxía romana, Marte (en latín Mars) era o deus da guerra, equivalente ó Ares da mitoloxía grega. Fillo de Xuno e unha flor máxica (Xúpiter). Inicialmente foi o deus da fertilidade e a vexetación, e o protector do gando, pero despois foi asociado ca loita. Ofrecíanselle sacrificios antes das batallas e dicíase que aparecía nos campos de batalla acompañado por Bellona, unha deusa guerreira. Dise que a súa esposa era Nerio.
O seu principal templo estaba na capital do imperio que compartía con Xúpiter e Quirinus. O templo a Mars Ultor ("o vengador") estaba no Forum Augustus. Outro templo dedicado a Mars Gradivus ("O que precede ó exército na batalla") estaba situado no lugar onde se concentraba o exército antes de partir a unha guerra. O Campus Martius ("campo de Marte") era onde adestraban os soldados e atletas.
A Feriae Marti celebrábase o 1 de marzo e o Armilustrium o 19 de outubro. Cada cinco anos celebrábase a Suovetaurillia, na que se sacrificaban na súa honra un porco, unha ovella e un touro. O 27 de febreiro e o 14 de marzo, tiñan lugar a carreiras de cabalos da Equirria. O 23 de marzo celebrábase o Tubilustrium no que se purificaban as armas e as tropetas de guerra.
Marte era representado coma un guerreiro con armadura cun helmo con crista. O lobo e o peto eran os seus símbolos. Fillos seus foron Fuga e Timor.
O mes de Marzo e o planeta Marte chamáronse así na súa honra.
Marte, ó contrario que o seu equivalente grego, Ares, foi máis venerado que a maioría dos deuses romanos debido a que os seus fillos Rómulo e Remo fundaron Roma. Os romanos chamábanse así mesmos fillos de Marte.